O Lemos vence a domicilio e escapa do perigo

O Trío de Ases Panadería O Cantón chega nesta xornada nun formato máis reducido, xa que non se disputou xornada na Terceira RFEF por mor dos compromisos da selección galega na Copa das Rexións da UEFA, da que formou parte o gardameta da Sarriana Javi Liz e o porteiro de Sober Ramón Rodríguez (actualmente xogador […]

A derradeira xornada de Terceira Galicia, partido a partido

Chegamos á ultima xornada da liga regular na Terceira Galicia coas catro prazas de ascenso directo xa decididas desde fai varias xornadas. Celta Barreiros, que xa é campión, e Casás lograron dar o salto de categoría desde o grupo norte, mentras que Páramo e Rubián fixeron o propio no grupo sur. Neste último aínda non […]

A penúltima xornada, o gran día de Nico

Non cabe dúbida algunha de que no fútbol máis modesto moitas veces o resultado non é o máis importante. E moito menos cando sucede un feito como o acontecido no Sangoñedo. No encontro que mediu ao Chantada Atlético B coa Sarriana B debutou no fútbol afeccionado Nicolás Moscoso Baskakova ‘Nico’. Un rapaz de dezanove anos […]

O Racing Vilalbés racha a súa mala xeira 10 xornadas despois

O Tres en Raia O Cantón achéganos unha vitoria fundamental do Racing Vilalbés diante do Fabril, rival directo pola permanencia e co que iguala na clasificación. Na Terceira RFEF pleno de triunfos lucenses. A Sarriana tamén finiquitou a súa xeira negativa cun triunfo in extremis diante do Betanzos, mentres que o Viveiro deu boa conta […]

O Rubián completa o cuarteto de ascenso directos

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada tráenos o ascenso do Rubián, o cuarto conxunto tras Celta Barreiros, Casás e Páramo que acada o ascenso directo a Segunda Galicia. Os de Senén López venceron á Sarriana B e confirmaron o salto de categoría a falta de dúas xornadas para o final da liga […]

Adestrador novo, empate seguro

Os tres técnicos que debutan esta xornada fixérono con empate nunha xornada na que non podemos celebrar ningunha vitoria no Trío de Ases O Cantón. Na Segunda RFEF o Racing Vilalbés non puido sumar no campo do Ourense CF, líder da categoría. Un chanzo máis abaixo, o Polvorín igualou diante do Bergantiños no debut de […]

Chegar e encher para un Casás de Segunda Galicia

O Tres en Raia En Boas Mans déixanos o ascenso do Casás no grupo norte. O cadro lucense venceu ao Catro Roldas e logrou dar o salto de categoría no seu primeiro ano de existencia. O Celta Barreiros goleou ao Goiriz e xa é campión, mentres que o Castroverde, o único conxunto do fútbol lucense […]

Residencia vs Ribadeo, 2021

Dani Galán despídese da Residencia con vitoria

O Trío de Ases O Cantón desta xornada déixanos o empate do Racing Vilalbés na Madalena fronte ao Compostela na Segunda RFEF. Resístese a vitoria dos chairegos que caen a posto de descenso. Na Terceira RFEF, o Viveiro acadou un triunfo en Somozas que o saca de descenso mentres que o Polvorín sumou un valioso […]

O Páramo xa é de Segunda

Dous dos catro ascensos directos xa están definidos na Terceira Galicia. O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada déixanos a festa do Páramo, que derrotou ao Relámpago Taboada nas Rapadas e xa é novo equipo de Segunda. Preto queda o Rubián, que gañou diante o Santa Comba e aproveitou o pinchazo do Sober. […]

Polvorín e Lemos gañan os derbis da xornada

O Trío de Ases O Cantón non nos trae boas novas na Segunda RFEF. O Racing Vilalbés prolongou a súa mala xeira no campo do Covadonga onde caeu derrotado e continúa unha semana máis en posto de play out. En Terceira RFEF, o Polvorín gañou o derbi fronte á Sarriana no Anxo Carro e o […]

Adri Carrión debutou co dorsal 19 como xogador do Racing Villalbés. O xogador vallisoletano nado en 2002 formouse no Real Valladolid e pasou polo Racing Rioja, o Laredo e o Rayo Majadahonda; equipo do que procede.

Pleno de empates nunha xornada sen encontros de Preferente

O Trío de Ases Panadería O Cantón deste fin de semana de Entroido tráenos un pleno de empates para os conxuntos lucenses. Sen encontros ligueiros de Preferente, si da Copa Deputación, na Segunda RFEF ao Racing Vilalbés resísteselle a vitoria neste 2024. Os chairegos igualaron na Madalena diante da Arandina. Na Terceira RFEF, a Sarriana […]

O Celta Barreiros acada o ascenso matemático, o Páramo queda ás portas

A falta de cinco xornadas para o final da fase regular, o Tres en Raia En Boas Mans déixanos o primeiro ascenso do curso na nosa provincia. O Celta Barreiros xa é equipo de Segunda Galicia logo de golear no Cascabeiro á Comercial B. O Casás mantén as diferencias tras empatar co Goiriz nun encontro […]

O Ribadeo golea no debut de Pichi no banquiño

O Tres en Raia Panadería O Cantón desta xornada tráenos a derrota do Racing Vilalbés no campo do Marino de Luanco en Segunda RFEF, que deixa aos chairegos a un só punto do play out. Na Terceira RFEF, o Viveiro acadou un valioso punto en Cantarrana fronte ao Pontevedra B. Sarriana e Polvorín acadaron sendos […]

Goiriz e Sober, as dúas caras do terceiro posto

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada de Terceira Galicia deixa ao Celta Barreiros a un só paso do ser equipo de Segunda. Un triunfo diante do Comercial B outórgalle aos de Rubén Acebedo o ascenso sen ter que mirar a outros campos. O Casás caeu diante do Matela e fai que o […]

Once do Racing Villalbés na 20ª xornada de liga da Segunda Federación ante o Rayo Cantabria cos lucenses Álex Santomé, David Vérez, Kiko, Javi Varela, Jose Varela e Rares no equipo titular

O Racing Vilalbés achégase á zona de perigo

No Trío de Ases Panadería O Cantón desta xornada non podemos celebrar ningunha vitoria lucense. Na Segunda RFEF o Racing Vilalbés sumou a quinta xornada sen gañar. A derrota diante do Rayo Cantabria deixa aos de Simón Lamas dous puntos por enriba do posto de promoción de permanencia. Na Terceira RFEF, a Sarriana sumou un […]

O Celta Barreiros queda ás portas do ascenso

O Tres en Raia En Boas Mans da xornada 15 déixanos ao Celta Barreiros con posibilidades matemáticas de ser equipo de Segunda Autonómica na vindeira xornada. Logo do triunfo traballado fronte ao Rioaveso, tres puntos diante do Celeiro xunto a unha derrota do Goiriz levaría aos de Rubén Acebedo de celebración. O Casás, segundo, mantén […]

O Lemos volve gañar e afonda no mal momento do Ribadeo

O Trío de Ases Panadería O Cantón desta xornada tráenos a derrota pola mínima do Racing Vilalbés na súa visita ao Suárez Puerta de Avilés. Na Terceira RFEF, a Sarriana venceu ao Rápido de Bouzas e o Polvorín fixo o propio co Paiosaco, mentres que o Viveiro caeu no campo do Arousa. Na Preferente, o […]

A terceira vitoria consecutiva outórgalle ao Matela o dereito a soñar

O Tres en Raia En Boas Mans da xornada 14 de Terceira Galicia ten ao Matela como un dos protagonistas. Non abandoa o último posto da táboa clasificatoria, pero comezou o ano como rematou o anterior, cun triunfo, desta volta fronte ao Cazás. Os pupilos de Cuchi atópanse a catro puntos da zona de promoción […]

Trío de Ases O Cantón. A Sarriana gaña o derbi de Cantarrana

Nun fin de semana de intensa choiva, o Racing Vilalbés segue sumando na Segunda RFEF. Os chairegos igualaron na Madalena sen goles co Real Oviedo Vetusta. Un chanzo máis abaixo o derbi lucense de Cantarrana entre o Viveiro e a Sarriana saldouse cun triunfo pola mínima do cadro visitante. O Polvorín acadou un empate no […]