O Folgueiro, un dos equipos do fútbol lucense no alto da clasificación

O Folgueiro colle lixeira vantaxe e tres equipos en 41 no sur

A 20ª xornada da Segunda Futgal aumenta minimamente as diferenzas do Folgueiro no primeiro posto da clasificación. Supera en 4 puntos ao Iberia, que ten un partido menos. Na zona sur, no continuo cambio semanal de líder, o Becerreá encabeza a táboa. Con todo está igualado a puntos co Santa Comba e o San Roque. […]

Os filiais do Monterroso e do Taboada fanse grandes na Copa

O 2025 futbolístico comezou coa Copa Deputación. A primeira fin de semana do ano xogouse a maior parte das eliminatorias da 1ª rolda do torneo. Ao igual que acontece na competición da Preferente + 1ª, na da 2ª e a 3ª tamén houbo sorpresas. Na zona sur, o Monterroso B deixou fóra ao líder Ferreira. […]

Muñiz e Víctor, imperiais nos grandes pases do Goiriz e do Abadín

O 2025 futbolístico comezou coa Copa Deputación. A primeira fin de semana do ano xogouse a maior parte das eliminatorias da 1ª rolda do torneo. Ao igual que acontece na competición da Preferente + 1ª, na da 2ª e a 3ª tamén houbo sorpresas. O Goiriz e o Abadín foron os clubs da zona norte […]

iberia

O Iberia emula ao Guitiriz 7 anos despois

O Iberia é o único equipo do fútbol lucense que non perdeu nesta temporada, un feito que non acontecía na 2ª dende a 17/18, cando o logrou o Guitiriz.

Samu sostén ao Iberia, Mada central e Jul 3 co San Roque

Samu Gundín foi un dos xogadores clave na vitoria no derbi do Iberia ante o Celta Barreiros. Samu liderou aos seus, que rematan o ano sen perder nesta tempada. Mada protagonizou unha das curiosidades da finde. O porteiro Mada tivo que xogar de central debido ás baixas do Sanci. Segundo partido de Jul co San […]

O Iberia busca pleno e 7 equipos en 3 puntos no sur

O Iberia lidera o grupo norte dende a sexta xornada. Hai dúas semanas que se proclamou campión de inverno, é dicir, finaliza si ou si a 1ª volta na primeira posición. Agora quere manterse sen perder, a proba será ante os veciños do Celta Barreiros. A igualdade é máis que nunca a definición acaída para […]

Un Mondoñedo á alza e un San Roque reforzado

O Mondoñedo está no seu mellor momento da tempada en canto a resultados. O Mondoñedo acumula tres vitorias seguidas na casa e afástase dos postos de descenso directo. Mentres tanto, continúan chegando fichaxes á categoría. Se non hai cousa de novo, Vigo, Jul e Yelko recalarán no San Roque procedentes do San Lázaro. Na zona […]

Álex Meitín (Ribadeo FC): «Con Luchi e Criss ímonos salvar»

A fin de semana longa rematou con Álex Meitín marcando novamente para o Ribadeo. Metín adiantou aos seus no Manuel Anxo Cortizo, ante un Lalín, que despois empataría (1-1). Este luns, o repaso e a análise no noso habitual ‘Trío de Ases’. Con todo, o punto permítelle seguir ao Ribadeo nunha liña ascendente. Sobre todo, […]

Roberto Ramallal, adestrador do Riotorto

Ramallal volve adestrar, 4 de Casanova e Platas revive ao Páramo

Roberto Ramallal é o novo adestrador do Riotorto. Casanova marcou catro goles na goleada do Celta Barreiros ante a Candelaria. Platas anotou o gol que lle deu o triunfo ao Páramo, despois de sete xornadas. Xa inmersos na ponte festiva e coa 13ª xornada da Segunda Futgal comezada, lembramos o máis destacado da pasada fin […]

Iberia e Ferreira pasan dos 25 puntos

O Iberia e o Ferreira son os dous primeiros equipos que pasan dos 25 puntos esta tempada na Segunda Futgal lucense

Omar non segue no Riotorto e o Iberia é o único invicto

Omar Gómez xa non é o adestrador do Riotorto. O club da Veiga prescindiu de Omar logo da décima xornada. Descoñecemos quen tomará os mandos no encontro desta finde ante a Piringalla. Na zona norte, o Iberia terma do liderado. Gañou pola mínima ao Xermade (0-1). Un partido no que os locais tamén dispuxeron de […]

Muimenta e Quiroga, polo San Martiño os primeiros tres puntiños

O Muimenta e o Quiroga modificaron a pasada fin de semana o refraneiro popular. Especialmente o club quirogués cuxo campo de fútbol onde xoga se chama San Martiño. Muimenta e Quiroga gañaron o seu primeiro partido no que vai de temporada. Ambos ante rivais da zona alta, San Ciprián e Paradela. Na zona norte, o […]

Basi volve ao Muimenta e 6 equipos non perden en 7 xornadas

José Cendán ‘Basi’ volve ser o adestrador do Muimenta. Un ano e catro meses despois, Basi volve ao club do Pichón tras desvincularse do Pastoricense hai uns días. Basi chega para a 8ª xornada da Segunda Futgal. Nas sete primeiras mantéñense invictos o Iberia e o Casás no norte, o Becerreá, o Paradela, o Brollón […]

Un Boa Vista renovado, o Muimenta sen míster e o San Roque en forma

O Iberia líder por primeira vez na tempada O Iberia goleou en Cospeito (0-9) e aproveitou a derrota do Sanci para colocarse no primeiro posto da clasificación. Mantense sen perder, tras un partido no que amosou a súa superioridade. Sobresaíu Carlos, anotou dous goles e deu tres asistencias. Esta semana Adri Cubelas pasou polo quirófano […]

O Sanci está de 15 e o Ferreira estrea liderado

O San Ciprián superou ao Cabreiros (4-0). 15 puntos en xogo, 15 sumados e 15 goles a favor. Son os números do 15 que presenta o San Ciprián en cinco xornadas. Aos locais saíulles o encontro de cara xa nos primeiros minutos. Adiantáronse por medio de Borja Mella, tras centro de Bruno. Uns minutos máis […]

Madariaga, outro porteiro goleador e os 3 de Rodri

Madariaga é xa o segundo porteiro goleador na provincia no que vai de temporada. Madariaga marcou o gol do triunfo do San Ciprián ante o Folgueiro. Hai unhas semanas, Losada no Lemos tamén marcara. O gol de Madariaga permítelle ao Sanci ser o único equipo da Segunda que gañou os catro partidos. Na zona sur, […]