castroverde

SD Castroverde, a unión como chave do éxito

A SD Castroverde xa é de novo equipo da Segunda Galicia despois de batir na penúltima xornada ao Monterroso B. Ascenso e campionato para un equipo moi regular durante toda a temporada que basa o seu éxito na unión do cadro de xogadores. Xa non é que haxa moitas xornadas na Terceira Galicia grupo sur […]

As notas da Segunda e da Terceira na entrada da primavera

A nova estación entrou mollada e incluso nevada por algúns puntos da provincia, pero as notas Futbolinlugo veñen quentiñas como xa estades afeitos. Esta semana sen Terceira grupo norte que volverá a próxima fin de semana cos seus play-offs. E tamén estamos nas vésperas de que finalice a Terceira grupo sur que dende o pasado domingo […]

Once da xornada 29 na Preferente Galicia

Os resultados da Preferente Norte trouxeron esta fin de semana boas novas para os equipos lucenses situados na zona media alta da táboa con catro vitorias. Os xogadores máis destacados destes equipos teñen un especial protagonismo no once ideal desta xornada. A nota negativa puxérona os equipos peores clasificados da provincia que continúan ca súa […]

Juan Carlos Quiroga é o novo adestrador da Milagrosa feminina

A Milagrosa xa atopou adestrador para dirixir o seu conxunto feminino despois da baixa do francés Vivian Dors. Juan Carlos Quiroga será o encargado de dirixir o único equipo feminino sénior que hai na cidade de Lugo. Quiroga xa era o encargado de adestrar o equipo xuvenil e faise agora cargo, ademáis do primeiro equipo, […]

Notas da Segunda e da Terceira na segunda xornada de marzo

O bo tempo acompaña esta semana as notas de Futbolinlugo nunha xornada na que foi a última da competición regular na Terceira Galicia grupo norte. A SD Ourol  e Roupar ascenderon directamente a Segunda Galicia (co equipo da Mariña proclamándose campión de Liga este pasado sábado). Agora nesta categoría queda a loita polos play offs […]

Once da xornada 28 na Preferente Galicia

Volveu ser a segunda fin de semana de marzo de derbis lucenses na Preferente Norte cuxos xogadores teñen o seu protagonismo no once Futbolinlugo. E menos mal que houbo duelos provinciais para que algún dos nosos fixera puntos, porque os enfrontamentos lucenses contra outros rivais acabaron nesta xornada con derrota. Comezamos polo derbi do Pepe […]

«O obxectivo era salvar ó equipo» Jon Vázquez, ex adestrador do Chantada Atlético

Jon Vázquez deixou esta semana de ser o adestrador do Chantada Atlético. O club chantadino tomou esta decisión despois dos últimos resultados do equipo e co obxectivo de reactivar ao seu cadro de xogadores. Dese labor encargarase agora o xogador Fran Regal de quen o seu antecesor fala marabillas. Apenas 3 días despois do acontecido, Jon […]

Notas da Segunda e da Terceira na primeira xornada de marzo

Entra marzo e con el o tramo decisivo da temporada, mesmo na Terceira Galicia a vindeira xornada xa será a última en canto a competición regular se refire. Desta maneira as notas Futbolinlugo tamén se ven influenciadas por aquelas actuacións que poden resultar decisivas o final de temporada. A figura: Chungui do Xermade Diego Bellas […]

Fran Regal é o novo adestrador do Chantada Atlético

O Chantada Atlético decidiu trocar o inquilino do seu banco de cara o que resta de temporada. Jon Vázquez foi destituído despois de perder na pasada xornada por 1-3 ante o Santaballés. Dende o club admiten que a aposta por Jon non saíu como esperaban e que queren darlle un novo rumbo ó equipo co obxectivo […]

Once da Xornada 27 na Preferente Galicia

Unha semana máis os xogadores máis destacados da xornada teñen o seu espazo no once de Futbolinlugo. Unha xornada con dous derbis provincias, e con goleadas tanto a favor como en contra que acabou con tres vitorias lucenses e catro derrotas. A referencia segue sendo o Lugo B que volveu gañar e de novo por […]

Ascenso en febreiro

O refraneiro di que febreiro é o mes da neve, mes no que as horas de luz solar van medrando, pero en ningún lado di que sexa un mes de ascensos. Na maior parte das competicións do balompé todo está aínda por decidir e sen chegar o tramo decisivo da temporada. Non obstante, na Terceira […]

O Pol rexurde a base de fichaxes

O mercado de inverno volveu traer ilusión ó fútbol de Pol. O conxunto polense tan só perdeu un partido no que levamos de ano ante a Candelaria, o resto saldouno con catro triunfos e dous empates. E que o conxunto da Segunda Galicia grupo norte reforzouse con fichaxes de categoría. Un deles, o de Álvaro Álvarez […]

Notas da Segunda e da Terceira na xornada de entroido

Chegou o entroido, pero o fúbol non parou. Na pasada xornada mesmo puidemos desfrutar do primeiro ascenso da temporada, foi o da SD Ourol na Terceira Galicia grupo sur. Esta e outras actuacións destacadas da fin de semana teñen o seu protagonismo coma sempre nas notas de Futbolinlugo. A figura: Esteban do Catro Roldas O […]

Once da xornada 26 na Preferente Galicia

Os xogadores máis destacados da fin de semana teñen o seu espazo no once de Futbolinlugo. Unha xornada sen derbis, na que o fútbol lucense só tivo dúas vitorias. O Lugo B mantense en postos de ascenso despois da seu triunfo ante un rival directo como o Sofán. O equipo de José Durán venceu fóra da […]

O San Martiño de Quiroga, a moda da Terceira

O refrán di que «polo San Martiño mata o teu porquiño», pero iso non quita que durante esa época non se fagan máis cousas. E se non que llo pregunten a directiva do Quiroga da Terceira Galicia grupo sur. Ante a idea de argallar algo que provocase reaccións na xente e fose vistoso para o […]

Notas da Segunda e da Terceira na penúltima xornada de febreiro

Ás mellores e as peores actuacións da fin de semana teñen o seu espazo en Futbolinlugo. Nesta xornada con representantes nas nosas notas tanto da Segunda como da Terceira Galicia. Recollemos as accións máis destacadas en forma de goles, goleadas, malas xeiras e as accións menos deportivas. A figura: Yoni do Monterroso B, 6 goles […]

Once da xornada 25 na Preferente Galicia

Unha vez máis os derbis marcaron a xornada na Preferente. Catro equipos da provincia efrontáronse entre si esta pasada fin de semana e convértense nos grandes protagonistas do once ideal. O Ribadeo remontou o seu partido ante a Sarriana na Ribela e sumou a súa terceira vitoria consecutiva que o coloca a tres puntos da […]

Calendario da segunda fase en prebenxamíns

Nunha semana dará comezo a segunda fase da Primeira e da Segunda Autonómica en categoría prebrenxamín, tal é como di o calendario da competición. Dentro da Primeira Autonómica, seis equipos xogarán a promocióin: Ferroviaria, Milagrosa, Racing Vilalbés, CD Lugo, Polvorín e o Porto Burela. Precisamente o Porto Burela e a Milagrosa foron os campións do […]

Preconvocatoria da selección lucense sub-15

A selección provincial sub-15 deu a preconvocotoria de cara a un adestramento preparatorio para o campionato de seleccións comarcais galegas de fútbol base. A sesión preparatoria será o vindeiro martes ás cinco e media da tarde no campo de herba artificial das Gándaras en Lugo. O CD Lugo é o conxunto máis representado nesta preselección. […]