Os onces da 1ª rolda da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

A primeira rolda da Copa 2019 da Segunda e da Terceira Autonómica deixou un partido suspendido. Tres equipos accederon aos dezaseisavos de final na quenda de penaltis. Nos duelos entre conxuntos de distintas categorías, saíron vitoriosos os de Segunda. O Cazás agarda rival en oitavos. Na zona norte, a maior emoción estivo na Fonte e […]

Os sobranceiros da 2ª rolda da Fase de Ascenso e da Copa (volta)

As últimas dúas prazas de ascenso á Segunda Rexional xa están decididas. O Celta Barreiros e o Río Sil suben de categoría. Con emoción ata os intres finais. O Catro Roldas e o Antas puxérono difícil. Ademais o Alfoz avanzou á fase final da Copa sen xogar a volta. Tamén pasaron o Cazás, o Matela, […]

Os onces da 30ª xornada na Segunda

Rematou a competición regular na Segunda Rexional. Resolveuse a loita polo ascenso. O Guntín e o San Roque fixeron os seus deberes e ascenden á Primeira. O Palas, o San Lázaro e o Oural quedaron ás portas. No norte confirmouse o descenso directo do Valadouro e no sur o do Sporting Lucense. Outros equipos están […]

Arrastres ou arrastras? As 40!

Si, pode ser hora de xogar ao tute. Pero o bo tempo ten que vir para quedarse. Hai que xogar no tapete, pero nun exterior que as catro paredes xa dan fobia no mes de maio. Xa se empezou a ensilar a primeira corta de herba e aínda non sabemos que pasa cos arrastres. Campos […]

Os sobranceiros da 2ª rolda da Fase de Acenso e da Copa (ida)

Só queda un paso para os equipos que xogan a final polo ascenso á Segunda. Falta o partido de volta. Da ida, o Catro Roldas trae unha mínima vantaxe de Barreiros. No sur, o Río Sil sacou un resultado moi positivo do Castro Seonae. Ademais tamén se decidirán os equipos que acceden a fase final […]

Os onces da 29ª xornada na Segunda

A penúltima xornada da Segunda Rexional resolveu os ascensos no grupo norte. O Folgueiro e o Lourenzá non fallaron. Xa son equipos da Primeira Autonómica. Pelexarán esta fin de semana por selo campión. Na zona baixa, o Cervo descendeu á Terceira. O Valadouro e a Comercial xogaranse a outra praza. Aínda que nestes momentos, por […]

As nosas redes falan

Ascensos no norte A falta dunha xornada para que remate a Segunda Rexional, dous equipos confirmaron o seu ascenso de categoría. Os dous do grupo norte. O Folgueiro e o Lourenzá volven á Primeira Rexional. Dependían de si mesmos e non fallaron. O cadro do Vicedo derrotou na casa ao Guitiriz. Mentres que o Lourenzá […]

Palabra de… Lourido: «Coa ilusión de hai 30 anos»

Que raro se fai empezar a escribir cando o primeiro que tes en mente é que esta tempada está a punto de rematarse. Outra máis e xa van unhas cantas. Nesta dáse a situación que este domingo xogamos un deses partidos que sempre buscas no calendario cando sae; márcalo en vermello. É o derbi coa […]

Os sobranceiros da 1ª rolda da Fase de Ascenso e da Copa (volta)

A temporada na Terceira Rexional rematou para o Muimenta, o Lugo Unión, o Rioaveso, o Paradela, o Rubián e o Relámpago Taboada. O Celta Barreiros e o Catro Roldas loitarán pola praza de ascenso no norte. Mentres que o Antas e o Río Sil farano no sur. Á volta de Semana Santa xogaranse as eliminatorias. […]

Os onces da 28ª xornada na Segunda

Á volta da Semana Santa decidirase a Segunda Rexional. Quedan dúas xornadas. O Folgueiro e o Lourenzá xa dependen de si mesmos para ascender na última fin de semana de abril. Ao Cervo complícaselle a salvación. No sur, gañaron os tres primeiros. O San Roque, o Palas e o Guntín continúan empatados a 53 puntos. […]

As nosas redes falan

A estrea dun lucense na Segunda Divisón O xogador do Polvorín, Álex Rey formou parte da convocatoria do Club Deportivo Lugo por segunda xornada consecutiva. Co partido controlado, o adestrador Monteagudo deulle a oportunidade o mediocentro lucense. Entrou no último cuarto de hora e xogou os seus primeiros minutos na Segunda División no Arcángel. O […]

Noe Pires (Friol CD Lugo): «Sempre pensamos que chegariamos ao obxectivo»

Capaz de meter goles pola escadra nun campo de fútbol ou nunha pista de fútbol sala. Aínda que non é unha dianteira ao uso. Comentan que lle dá calma o xogo nos metros finais. Igual por iso porta o número 21 as súas costas. Noelia López Pires “Noe Pires” (23-12-1988, Monterroso) vive a súa segunda […]

Os sobranceiros da 1ª rolda da Fase de Ascenso e da Copa (ida)

A Terceira Rexional xa pasou ao formato eliminatorias. Por un lado as da promoción con dous postos de ascenso en xogo. Polo outro, as da fase previa da Copa 2019 para evitar que o resto de equipos paren. A ida deixou mestura de vitorias locais e visitantes e os equipos buscarán que a temporada non […]

Os onces da 27ª xornada da Segunda

Quedan tres xornadas para que remate a competición regular na Segunda Rexional. A pasada fin de semana deixou algún que outro cambio importante na parte alta e baixa da táboa. O Folgueiro e o Lourenzá aumentaron a súa diferenza nos postos de ascenso directo. O Cospeito saíu do descenso e meteu á Comercial. No sur, […]

As nosas redes falan

O regreso dun histórico Un histórico do fútbol lucense e galego ascende de categoría. O novo proxecto iniciado polo Lemos hai dúas temporadas ve cumprido un dos seus principais obxectivos. Despois de pelexar a temporada pasada, este curso case que non soltou o liderado. Dominou por completo unha categoría e consigue o ascenso a cinco […]

Javi Pita (Batalla RCV). «A idea é superar as inscricións do ano pasado»

Os porteiros adoitan ser protagonistas drásticos; para ben ou para mal. Moitas veces cunha especial atención sobre os seus erros. Pero desta volta, son protagonistas de por si. O Venres Santo, gardamallas de toda a provincia e tamén chegados dende outros puntos xuntaranse na II Edición da Batalla de Porteiros organizada polo Racing Vilalbés. A […]

Os sobranceiros da Terceira na 22ª xornada

A fase regular da Terceira Rexional lucense rematou a pasada xornada. O Celta Barreiros e o Sober fixéronse cunha praza para xogar a promoción. Mentres que o Alfoz e o Paradela finalizan como campións de cadanseu grupo. Non obstante, a competición non se detén. Esta fin de semana comezan as eliminatorias do play off e […]

Os onces da 26ª xornada na Segunda

O ambiente non fallou nun dos grandes partidos do ano. O Lourenzá venceu en Mondoñedo e mantense nos postos de promoción de ascenso. Na primeira posición segue un Folgueiro que sufriu en Meira. No grupo sur, o Palas venceu no derbi da Ulloa e mantense no liderado. O Bóveda regresa a postos de ascenso. Nunha […]

As nosas redes falan

Sorteo aberto nas redes sociais de dúas inscricións para a Batalla do Racing Vilalbés Por segunda edición os porteiros vólvense citar no artificial da Madalena. O Venres Santo está convocada a Batalla de Porteiros do Racing Vilalbés organizada polo adestrador de porteiros, Viusky, e polo gardamallas titular do primeiro equipo, Javi Pita. Dado o éxito […]