O Taboada B reencóntrase coa vitoria e o Sober apaga a xeira do Carballedo

Dos primeiros clasificados de cadanseu grupo da Terceira, o Fonsagrada foi o único que non conseguiu gañar. Aínda así, mantense no máis alto do grupo norte. No sur, curtáronse xeiras negativas e positivas. Sen cambios na parte alta. Os detalles contámolos no Tres en Raia da 12ª xornada. O Fonsagrada continúa no máis alto do […]

O Alfoz e o San Lázaro incrementan o seu dominio no inicio da 2ª volta

Puido ser chave a primeira xornada da segunda volta? Iso poderá dicilo máis adiante o tempo. Polo de agora quedan 14 partidos por xogar. O certo é que na pasada fin de semana enfrontáronse os dous primeiros clasificados de cadanseu grupo. E as vitorias foron para os líderes que se asentan no primeiro posto da […]

Un liderado ficticio e un Carballedo de sobresaínte

A 2ª volta da Terceira Rexional comezou con cambio momentáneo de liderado no grupo norte. O Fonsagrada non xogou o seu partido por incomparecencia do rival, pero o Comité de Competición xa resolveu que lle sexan asignados os tres puntos. O primeiro posto foi ocupado pola SD Viveiro de maneira extraoficial durante estes días. No […]

O Alfoz colócase líder na última xornada da 1ª volta

Rematou a 1ª volta na Segunda Rexional. Fíxoo con cambios no grupo norte. O Alfoz encabeza a clasificación logo de gañar o seu partido e aproveitarse da derrota do Sanci. Un primeiro posto que volverá estar en xogo na vindeira xornada. A primeira da 2ª volta trae un duelo entre os dous implicados. O grupo […]

A Sarriana goleou no derbi provincial a un feble Foz

Comezamos a segunda volta cun Trío de Ases que nos deixa na Terceira División a derrota do Racing Vilalbés no derbi de proximidade ante o As Pontes e o empate do Polvorín ante o potente Arousa na Cheda. Na Preferente, xornada propicia para os nosos equipos, salvo para o Foz que caeu con estrépito na […]

A Fonsagrada e o Sporting Lucense son os campións de inverno

Foto de portada: Mariluz Fagín Rematou a primeira volta na Terceira Rexional. O novo ano non trouxo cambios nos primeiros postos, aínda que si sorpresas nalgúns resultados. A Fonsagrada e o Sporting Lucense son os campións de inverno dunha competición á que aínda lle queda moito por dicir. Veremos se se cumpren os desexos. Polo […]

O Alfoz achégase ao líder nunha xornada de derbis en toda a provincia

A penúltima xornada da primeira volta na Segunda Rexional coloca ao Alfoz máis preto do primeiro posto. Nunha finde no norte marcada polo partido da xornada no Derbi das Praias. Pero tamén houbo duelos de proximidade no sur onde o San Lázaro continúa coa súa boa xeira e mantén as distancias. A continuación os onces […]

Samos (Paradela): «Volvo ao fútbol campo por pasalo ben»

Levar o alcume do teu pobo é motivo de responsabilidade. Tamén de orgullo. O nome de Samos estivo presente nos últimos anos por moitos dos campos da Preferente. Así é como se lle recoñece a Diego Castro Orille (Samos, 10-08-1990). Pero tamén se botou en falta nos últimos tempos. Son as cousas do fútbol modesto. […]

Os desexos da Terceira Rexional para o 2020

A Terceira Rexional leva máis dun mes hibernando. Vai espertar esta fin de semana co regreso da competición no grupo norte e no sur. Farao, por exemplo, cun derbi municipal. O Celeiro volve ter compañía de equipo viveirense. Esta sábado xogará ante a SD Viveiro, un dos grandes protagonistas no tramo inicial de liga. Antes […]

O Buyo lucense lembrado por algúns dos seus

O ano 2020 comezou dun xeito que ninguén quería. Unha gran perda para o fútbol lucense. Alcumado como o Gato da Pastoriza ou Buyo; o seu gran ídolo. Rubén Rivas Calaza deixa orfas as luvas. Unha paixón que lle viña dende cativo no colexio. Dende aquela unha carreira futbolística entregada a gardar os paus dalgunhas […]

A presenza lucense na 1ª rolda da Copa do Rei

Víñase pedindo dende hai un tempo. Un novo formato para unha competición que cada ano ía perdendo interese. Tardaron en darse conta de quen son os que realmente lle dan vida ao auténtico torneo do ko. Moitas veces non fai falla tanta tecnoloxía nin innovación. Simplemente volver as raíces do fútbol. Visitar o hábitat de […]

diegodiaz_oscarcarballo_ivancalaza_jesulopez_braisvalin_

Referentes da xustiza deportiva este venres en Lugo

A Peña de Árbitros 9,15 prepara diversas actividades para a última fin de semana do ano. Por estas datas xa é tradicional a organización dun torneo que xunta a distintos árbitros do noroeste español. Nesta edición, inclúen como previa unha charla-coloquio que xuntará a destacados xuíces deportivos galegos. Un evento que comezou no 2003; como […]

Cuadrado (R.Vilalbés): «Están saíndo as cousas como deberían ter saído partidos atrás»

É un dos futbolistas gol da Terceira Galega. Un deses xogadores que a moitos lles gustaría ter no seu equipo. Pero Fernando Cuadrado Lombardero (Lugo, 19-01-1994) é moito máis ca unha máquina de facer tantos. A Comercial e o Celta foron os seus equipos de base. A pesar da súa xuventude xa probou experiencia no […]

SD Viveiro, Milagrosa e Lemos B; os supervivintes da Terceira nos 1/4 da Copa

Foto de portada: Mariluz Fagín (temporada pasada) Tres equipos da Terceira Rexional estarán nos cuartos de final da Copa Deputación 2020. Os tres eliminaron a rivais da Segunda. A piques estivo de facelo tamén o Sober, que caeu pola mínima ante o vixente campión, San Lázaro. O Becerreá – Palas foi suspendido e aínda non […]

Un líder invicto e outro que se distancia no remate do 2019

A falta de dúas xornadas para que acabe a primeira volta, remata a competición ligueira neste 2019 na Segunda Rexional. O San Ciprián faino como líder e imbatido nesta tempada no grupo norte. O San Lázaro marca as diferenzas no sur. A continuación os detalles nos onces da 13ª xornada. Non conseguiu o décimo triunfo, […]

Unha derrota pola mínima, un filial intratable e un derbi a medias

O pasado fin de semana as nosas guerreiras volveron dar todo por deixar ben alto o nome da provincia. Así, o PM Friol deixou a alma en Valladolid, no campo do Parquesol. Porén, as lucenses non puideron sacar nada positivo e caeron por 1-0. Coa derrota certificouse a destitución do técnico andaluz do Friol, Daniel […]

O San Lázaro ponse líder do sur e o Mondoñedo suma a 3ª vitoria seguida

A Segunda Rexional chega ao parón da primeira fin de semana de decembro con 12 xornadas disputadas. Os onces Futbolinlugo veñen marcados desta volta polo troco de líder no grupo sur. Só queda unha xornada antes de rematar o 2019. Será na fin de semana do 14 e 15. Esta finde será o turno para […]

Camisolas de concerto, de sorteo e dun intercambio celeste

Esta semana hai monotema de camisolas en As Nosas Redes Falan. Ademais teñen como protagonistas a tres equipos do norte: Celta Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo FC. Pensamento celeste entre Barreiros e Vigo Unha camisola coas cores do RC Celta chegou ao Cascabeiro. A celeste vén firmada por parte do cadro de xogadores do primeiro equipo […]

O Matela consegue unha vitoria de prestixio e o Carballedo suma a 3ª seguida

No Tres en Raia da 9ª xornada da Terceira Rexional o Fonsagrada e o Sporting Lucense seguen líderes. Iso que o cadro fonsagradino desaproveitou a opción de marcar distancias dende o primeiro posto. O Nausti e o Antas descansaron esta xornada. No grupo norte, o Fonsagrada empatou a un gol ante o Catro Roldas. Iso si, […]

O Alfoz regresa á zona de ascenso e Javi repite hat-trick no Corgo

Os onces da 11ª xornada da Segunda Rexional traen un regreso á zona de ascenso. O do Alfoz que entra de novo na segunda posición. Ademais o Roupar sae dos postos de descenso. No sur, nin Ferreira nin o San Lázaro desisten na súa loita. O Corgo non sae do descenso pero ten en Javi […]