Destacados Primeira. Xornada 16

A última xornada de 2017 deixounos os seguintes detalles en cada un dos encontros disputados. E por suposto, os nosos destacados! *Santaballés-Xermade: O Santaballés gañou o derbi chairego con claridade. Martín deixou o gol da fin de semana cun espectacular lanzamento de primeiras dende a frontal. *San Roque-Taboada: A néboa foi a gran protagonista do […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 19) e Preferente (Xornada 18)

Aquí en Lugo sómosvos de extremos. Nada de medias tintas. Por iso, os nosos equipos se atopan ou ben nos postos sobranceiros, ou sufrindo duramente para eludir o descenso. Comecemos polas boas noticias. O Racing Villalbés encarrilou a súa décima xornada sen perder despois de superar ao Laracha a domicilio. Fíxoo con dous goles antes […]

Qué ver esta fin de semana? (16-17 decembro)

A última xornada antes do Nadal déixanos grandes partidos tanto no sábado coma no domingo. Comezamos coa Primeira Galicia en Cerdeiriños. Partidazo entre Monterroso e Sarriana, dous aspirantes ao ascenso. Se non vos chista este plan, tedes un derbi capitalino na Ponte entre San Lázaro e Milagrosa. O domingo, novo derbi da Preferente: Polvorín-Outeiro. Ollo […]

O mellor plan para o Nadal: fútbol lucense

Lonxe quedan os tempos nos que o balón paraba no Nadal. Nos que nos conformabamos con ver a cativiños das mellores canteiras de España no vello Canal Plus. Agora, aínda que as competicións fagan un pequeno paréntese; o noso fútbol empéñase en seguir presente. Estas vacacións invernais, queirades ou non, teñen un epicentro esférico. En […]

Destacados Primeira. Xornada 15

A cicloxénese explosiva Ana deixounos unha versión reducida desta Xornada 15. Aquí chegan os destacados e os detalles dos dous encontros disputados a pasada Ponte da Constitución. *Riotorto-Foz: Tódolos goles chegaron dende o punto de penalti, agás o último de Ibán Gayol. Os tres puntos danlle ao Foz o liderado. Segunda derrota consecutiva para o […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 17)

Xornada moi reducida no noso fútbol. Á ausencia da Terceira División por mor da disputa da Copa das Rexións UEFA, houbo que añadirlle un elemento extra. Ese que chegou en forma de choiva e vento e se levou por diante a clásica tarde futboleira de domingo. Polvorín, Atlético Escairón e Ribadeo non puideron xogar os […]

Qué ver esta fin de semana? (9-10 decembro)

Xornada reducida no noso fútbol. Pero o balón segue rodando igualmente. Aquí vos deixamos as nosas recomendacións, con especial atención á Preferente e Primeira Galicia así como á nosa base! Ollo, concentramos todo no domingo! DOMINGO 12.00 horas. Castro-Betanzos. Arturo Pereiro. Preferente Norte 12.00 horas. Calasancio-A Seca. Escolapios. Liga Galega xuvenil 16.00 horas. Sarriana-Chantada. A […]

Os sobranceiros da Terceira na decimoterceira xornada

Queda unha soa xornada para decidir os oito equipos que estarán no grupo polo ascenso a Segunda Galicia. Quedan dous billetes, para acompañar aos conxuntos xa clasificados: Cervo, Goiriz, Catro Roldas, Corgo, Fonsagrada e O Incio. No Grupo Norte falta por decidir quen será o campión, porén xa temos tres equipos clasificados: Cervo, Goiriz e […]

Destacados Primeira. Xornada 14

Unha semana máis, aquí vos traemos os destacados da xornada de Primeira. E o máis salientable de cada un dos encontros disputados! *Taboada-Santaballés: David Potente foi o home máis decisivo. Ademais, culminou a súa actuación co único gol do encontro. O Santaballés estrellou dous balóns no longueiro, os locais un. *Xove Lago-Sarriana: David Rivas marcou […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 18) e Preferente (Xornada 16)

Non puido comezar mellor a xornada para os nosos representantes lucenses. Pleno de victorias na tarde do sábado. O Polvorín impúxose con comodidade ao Atlético Arteixo. Todos os goles chegaron na primeira metade. Doblete de Denís incluido ante o seu exequipo. Na segunda, o rival quedou cun home menos e o triunfo non perigou. Os […]

Palabra de… Adrián Álvarez: O respecto, as excusas e os reproches

Teño observado o fútbol dende todos os puntos de vista. Primeiro e na actualidade como xogador. Seis temporadas coma árbitro, e dende que teño uso de razón como espectador. Todos temos o noso punto de vista, iso está claro. Pero todos cometemos os mesmos erros xerais no mundo do fútbol. A pesar de intentalo unha […]

Qué ver esta fin de semana? (2-3 decembro)

Dobre prato para este sábado. Comezamos con fútbol feminino. O Ribadeo e o Silva vense no Pepe Barrera nunha loita por todo o alto. Un cuarto de hora máis tarde será o turno de dous míticos na Segunda Galicia: ED Lourenzá e Cabreiros. O domingo pola mañá, o Lugo A xuvenil ten unha cita fundamental […]