#Fútbol afeccionado #Entrevistas #Preferente Futgal

Asier Burunda: «Levaba sen marcar tres goles desde infantís»

O atacante Asier Burundarena segue no alto da táboa de goleadores (só superado polo dianteiro do Castro Fito Periale), despois dunha semana fantástica na que mollou en dous dos tres partidos que disputou co Ribadeo, cun hat trick incluído.

Por iso quixemos entrevistalo en profundidade nos micrófonos de Radio Lugo Cadena Ser o pasado xoves. O noso redactor Diego Díaz e o presentador do Ser Deportivos Álex Gato, foron os mestres de cerimonias.

Pódese escoitar a nosa participación íntegra aquí (ademais, analizamos as citas sobranceiras da fin de semana no fútbol feminino, a Terceira RFEF e a Preferente como cada xoves).

No tocante á entrevista, Asier deixounos un rato moi agradable no que respostou en profundidade ás diferentes preguntas realizadas. Facemos un resumo escrito dos principais temas falados nas ondas.



Un sorprendente hat trick. «Nin son dianteiro nin son pichichi. Levaba sen marcar tres goles nun partido desde infantís. Meu pai e eu non recordabamos tal cousa».

Os goles en si. «O primeiro foi o famoso gol olímpico, o segundo foi un rexeite na área pequena e o terceiro foi nunha contra tras un pase en longo de Hugo».

Adeus á irregularidade? «Creo que estamos dando coa chave. Facíanos falta equilibrar un pouco. Eramos capaces do mellor e do peor e agora estamos traballando para que non haxa os fallos garrafais de antes».



Candidatura do Ribadeo ao ascenso. «Non o sei, temos que ir pasiño a pasiño. O ano pasado fomos moi, moi, moi irregulares e este ano empezamos tamén regular. Se segue esta ‘rachiña’ de seriedade, competir e sumar os +3; é posible. Pero isto é moi longo».

A delicada saúde do fútbol mariñán. «Notámolo todos ese baixón. Non se implicou á base como se tiña que ter implicado. Sempre estamos a tempo de retomar ese traballo e, pouco a pouco, A Mariña que volva ao que era».

Asier Burunda: «Levaba sen marcar tres goles desde infantís»

Trío de Ases O Cantón. O Castro

Asier Burunda: «Levaba sen marcar tres goles desde infantís»

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 10

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *