2022. O ano da recuperación do fútbol tal cal o coñeciamos. Ese é o mellor resumo, a mellor bagaxe. Pero non foi doado. Tivemos que baixar a tódolos Santos pola escasa paciencia que xa tiñamos. E así descenderon San Lázaro e San Roque.
A capacidade de ‘Residencia’ que tanto dicía Pedro Sánchez permitiulle aos capitalinos seguir un ano máis na Preferente. E camiñar aínda máis firme esta tempada. No entanto, os veciños da Cheda só lle piden ao 2023 ser máis Polvorín que nunca, e atrincherarse na Segunda RFEF que están a estrear.
Un chanzo máis abaixo Pablo xa é o Rey de Vilalba, con permiso de Javi. Pero que non lle quiten o ‘parao’. E o Viveiro durme máis preto do play off de ascenso que do descenso. Iso si que é resiliencia!
Na Preferente, ao histórico Portomarín non o iluminan os resultados. Pero sempre poderán comprar uns bombóns para animarse. Iso si, nada de Ferrero Rocher. Non saben valorar o que é bo. O Lemos non está Mon Forte e vaise ao Nadal en descenso. En inercia positiva todo hai que dicilo, como un Ribadeo que xa non barrena no Pepe Barrera. O mellor dos nosos, a Sarriana. Ao ritmo e os pasos de Brais Prados.



A que está emocionante é a Primeira, o Pol lidera Pol méritos propios. Pero coidado co pelotón que o persegue. O Chantada anda Traste para dar paso aos contrastes: o oficio do Escairón e un Burela moi gustón. Na Segunda, A Lomba discute o trono de Meira co Tibor. Vai haber que levalo a Sesión Plenario! Na zona sur, o Friol é o ‘Lucky‘ que lidera un grupo moi igualado. Na Terceira, o Quiroga manda máis alá do San Martiño! Onde queda xa o 11 de novembro… E o Racing Villalbés B non atopa rival, un filial sen igual!
Non nos olvidamos das nosas rapazas. Das dificultades de Antas e Comercial ao San Lázaro, que xeito de debutar! Pero é outro o que corta o bacallau: o filial do PM Friol. Coma bos perruqueiros, expertos en cortes!
Feliz Nadal! E que as dúas ‘Nereas’‘ fagan os goles de Ali, que hai unha ‘pichichi’ que facer olvidar!
