#Feminino #Fútbol afeccionado

Así chegan os nosos equipos á fase de ascenso a Primeira

Este próximo domingo empeza a fase de ascenso a Primeira Galicia para os nosos tres representantes, cos seguintes rivais e horarios:

Chantada-Umia B (12.00 horas, O Sangoñedo).

Amistade Meirás-Milagrosa (19.00 horas, Santa Mariña do Monte).

Bueu-Monte Forte (19.00 horas, Nuevo Municipal de Bueu).



Desde esta casa quixemos falar cos adestradores implicados, recibindo a amable resposta de Álex Cambeiro (Chantada) e Manuel de la Horta (Monte Forte).

Álex Cambeiro: «É un partido especial e os resultados anteriores non serven de nada».

O equipo: «Chegamos nun bo momento en canto a resultados. Na segunda volta só concedemos un empate na primeira xornada contra o Santiso e o resto fomos capaces de lograr todo vitorias, aínda que non foi suficiente para acadar o primeiro posto».



Álex Cambeiro, técnico do Chantada

A dinámica: «Pódenos dar seguridade e confianza para seguir confiando no noso estilo de xogo. Pero estaríamos enganadas e moito, se estas dinámicas serven de algo nunha fase de ascenso, xa que son partidos especiais no que os resultados anteriores non serven de nada».

Aspectos a mellorar: «Gústanos ter a posesión, levar a iniciativa no xogo e a partir de aí, dominar ao equipo rival. Nos últimos tempos, non temos esa fluidez que mostramos no inicio da segunda volta, tanto con balón como sen él e neso estamos a traballar».

O rival: «Complicado. O Umia B, ten o equipo A dúas categorias por encima nosa, con xogadoras que alternaron ambos equipos. Fan gol con facilidade como mostran os 109 goles que marcaron en Liga e as cifras goleadoras de varias xogadoras con 14-15 tantos, sendo ademais un equipo que encaixa pouco (15 goles)».

O partido: «Prevexo un partido moi disputado e intenso, cun ritmo de xogo alto, na que algunhas das claves do encontro poden pasar por ser capaces de ter a posesión de balón e dominar ao Umia B, superar-igualar o seu ritmo de xogo e ser capaces de recuperar rápido o balón. Contamos con toda a forza da nosa afección do Sangoñedo».

Manuel de la Horta: «Imos desfrutar e a por todas ata o final».



O equipo: «Chegamos con moita motivación e con gañas de desfrutar o que vén».

Manuel de la Horta, adestrador do Monte Forte

O rival: «Teñen moi boas estatísticas de goles a favor. Só as coñezo por estatísticas pero parecen moi boas, un equipo moi equilibrado tanto en defensa como en ataque. Vainos custar facerlles dano».

A clave: «Penso que a clave estará na defensa. Se temos unha defensa sólida, conseguiremos anular ao rival en ataque e poderemos usar as nosas armas. Temos boas xogadoras en ataque. Confío no meu equipo e iremos a por todas ata o final».

Un punto máis para o Lugo na fase de ascenso

O pasado Xoves Santo o Lugo recuperou o seu partido adiado ante o Bergantiños (1-1). Un encontro no que as de Carballo aproveitaron a mala primeira metade lucense para marchar 0-1 ao descanso. Na reanudación, as rapazas de Joaquín mostraron unha versión completamente distinta e marcaron nada máis iniciarse a segunda metade. No entanto, non foron quen de concretar máis ocasións das varias claras que tiveron. Destacaron Lucía, un auténtico comodín ‘multifunción’ e Paula, moi incisiva no ataque albivermello.

Así chegan os nosos equipos á fase de ascenso a Primeira

Álex Ortiz: «Pase o que pase estaremos

Así chegan os nosos equipos á fase de ascenso a Primeira

Simón (Candelaria): «Facer unha liga da Mariña

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *