Un luns máis, facemos balance das mellores interaccións nas nosas redes sociais. Velaquí os destacados desta semana!
- O Ribadeo levouse o derbi mariñao ante o Viveiro. Ademais do bonito partido, destacamos a inciativa ribadense de viaxar en tren ao encontro!
Ao noso derbi…..no noso tren ????????#SalvemosOTrenDaMariña pic.twitter.com/2GaeIllVzB
— Ribadeo FC (@RibadeoFC) 2 de noviembre de 2017


- Destacamos tamén o outro derbi da semana na Preferente. Un Outeiro de Rei-Castro no que se viviu un espectacular ambiente e que rematou con empate a ceros.
Comeza a segunda parte: SD Outeiro de Rei 0-0 @clubdeporcastro. pic.twitter.com/GN3dS1kUI7
— SD Outeiro de Rei (@SDOuteiroDeRei) 5 de noviembre de 2017

- Por último, o Racing Villalbés Xuvenil «A» conseguiu o sábado o seu primeiro punto na súa andaina histórica pola División de Honra. Noraboa aos rapaces. Aquí, o tweet do seu capitán.
Os tres puntos volvéronse escapar ao final, pero contento de puntuar por primeira vez en DH a pesar de que xa o mereceramos moito antes ⚽⚽⚽????
— Duarte (@DuarteG_1) 4 de noviembre de 2017