Xa temos practicamente todas as competicións iniciadas, a falta das ligas provinciais de base. Os detalles e homenaxes foron numerosos esta semana…
- A primeira foi a realizada polos compañeros de Marcos, o rapaz falecido este verán nun accidente de moto. Sempre con nós.
Ao comezo do partido farase un homenaxe por Marcos. Agradécese a asistencia.
— Xuvenís Viveiro CF (@Viveirocfjuv) 8 de septiembre de 2017


- Outro bonito detalle foi o visto na Magdalena, no encontro entre Racing Villalbés e Compostela!
Detallazo da Peña Fonte Sequelo da @SD_Compostela que nos trouxo un agasallo de Santiago. Así da gusto. Foi un pracer. Graciñas e voa viaxe. pic.twitter.com/5SuITUL1Is
— RacingClub Villalbés (@racingvillalbes) 10 de septiembre de 2017

- Por último, queriamos facer referencia ao espectacular partido vivido onte en Cantarrana. As remontadas épicas son posibles! Viveiro CF 4-4 Boimorto