Comezou a recta decisiva desta curta campaña. Nela, os equipos lucenses loitarán polo ascenso de categoría, tarea ardua pero para nada imposible. Comezamos repasando os playoffs de ascenso á Primeira Nacional, nos que están inmersos CD Lugo e SD Antas.
As albivermellas non pasaron do empate (0-0) ante o Victoria CF «B» na Cheda. O empate non contenta a ningún dos dous equipos, pois o vencedor tería asegurada a clasificación para a próxima fase. Porén, o reparto de puntos fai que o CD Lugo necesite unha victoria a próxima semana no campo do Atlántida Matamá. No tocante ao partido deste domingo, o resultado final reflicte ben o visto no terreo de xogo. As lucenses trataron de presionar moi arriba, algo que foi perdendo efectividade co paso dos minutos a medida que a fatiga tomaba protagonismo. Pese a iso, o CD Lugo completou un partido moi serio en defensa.
A SD Antas, pola súa banda, superou por 1-0 ao CP Alertanavia e sí asegurou a súa participación na segunda fase. Falta saber se as de Melendo xogarán como primeiras ou como segundas de grupo, algo que saberemos o próximo domingo, cando as celestes se midan á SD Villestro. O duelo deste domingo foi moi duro, pero un gol de Yaiza mediada a primeira metade rematou decantando o electrónico. As locais tiveron algunha ocasión para ampliar a diferenza, pero non o fixeron e a piques estiveron de lamentalo, pois María evitou o empate cun paradón nos últimos intres do choque.


Na Segunda Galicia, a SG Comercial caeu no derbi lucense ante a SCD Milagrosa (3-0), nun partido marcado unha vez máis polas lesións, que obrigaron ás de Vivian Dors a xogar con 10 xogadoras (e non todas en condicións físicas óptimas). A ADC Monte Forte superou por 1-0 ás EF Lalín.
O MELLOR
A SD Antas está a asinar unha temporada histórica. Veremos ata onde son capaces de chegar as co Castro Seoane.

O PEOR
O CD Lugo tivo na súa man o pase de ronda. Agora todo se decidirá na vindeira xornada, nun campo moi complicado.
DESTACADAS:
CD Lugo: Non comunica.
SD Antas: Marta asinou un excelente partido.
SG Comercial: As dez guerreiras que loitaron até o pitido final.
SCD Milagrosa: Leire, autora do primeiro tanto.
ADC Monte Forte: Non comunica.