#Feminino

As nosas guerreiras da fin de semana

Fin de semana de fútbol. Despois de bastante semanas sen un bo número de partidos, esta semana sí temos un longo repertorio de choques para contarvos. De feito, todos os equipos feminino lucenses -agás a SCD Milagrosa- competiron esta pasada semana.

Un deles foi o PM Friol. A Reigosa despediu o Reto Iberdrola cun partido acorde ao que foi a temporada das lucenses: derrota por 1-2 ante o Seagull de Badalona tras noventa minutos moi irregulares. O próximo domingo pola mañá, as friolenses xogarán o seu último choque na categoría na casa do RCD Espanyol «B», rival que aínda está a pelexar pola permanencia. Logo dunha campaña convulsa e complicada para todos, o clube referencia da provincia en materia de fútbol feminino xa pensa en retornar o antes posible á segunda categoría do fútbol nacional.

Na Primeira Galicia, A Cheda albergou un emocionante derbi entre o CD Lugo e o filial do PM Friol, que se saldou con empate (1-1). As albivermellas adiantáronse no minuto 6 cun gol de penalti de Irene e, a partires de aí, conseguiron neutralizar as opcións ofensivas das visitantes cunha boa defensa. O Friol tentaba achegarse á meta rival, pero a solidaridade defensiva das locais puxo en perigo a condición de invictas das da Reigosa. Porén, no tempo engadido da segunda metade, unha boa xogada converteuse no definitivo 1-1. O domingo viviremos a última xornada desta primeira fase.



No grupo B desta mesma categoría, a SD Antas fixo os deberes e impúxose por 3-1 á SD Xuventú Aguiño. Porén, non foi o mellor partido das celestes. Tras un comezo cheo de dúbidas, as de Melendo adiantáronse, pero pouco despois recibiron o empate. No segundo tempo, dous goles de Nuria permitiron ás do Castro Seoane levarse os tres puntos.

Na Segunda Galicia, ademáis do descanso da SCD Milagrosa, a ADC Monte Forte caeu por 1-5 ante ás EFF Rosalía, dominador absoluto do grupo. Pese ao resultado, as de Monforte están moi melloradas con respecto á primeira volta (o resultado deste choque foi de 16-0) e, sobre todo, están a mellorar moito na faceta defensiva. A SG Comercial, pola súa banda, está a pasar por un ano cheo de contratempos. Pese a iso, conseguiu vencer por 1-2 no Manuel Anxo Cortixo de Lalín ao conxunto da vila. As de Vivian Dors chegaron ao cerne de Galicia con 10 xogadoras, e remataron o partido con 9. As rapazas da Comercial están a destacar por ser unhas auténticas guerreiras, que loitan como un gran equipo e consiguen sacar resultados pese ás adversidades.

O MELLOR



A ADC Monte Forte foi quen de anotarlle un gol á EFF Rosalía, que aínda non encaixara ningún en 5 encontros. Ademáis, mostráronse moi sobrias na faceta defensiva. Alén diso, todas as xogadoras da SG Comercial completaron un excelente choque.

O PEOR

O ambiente vivido na Cheda no derbi da Primeira Galicia destacou pola crispación e a irritación que se viviu fóra do terreo de xogo, algo que rexeitamos, máis tendo en conta que un derbi ten que caracterizarse por ser unha festa do fútbol.

DESTACADAS

PM Friol: Non comunica.

PM Friol «B»: Non comunica.

CD Lugo: Non comunica.

SD Antas: Marta foi a xogadora capaz de manter con vida á SD Antas.

SG Comercial: Jenny, Sandra e Sheila.

ADC Monte Forte: Non comunica.

As nosas guerreiras da fin de semana

Tres equipos e un destino para unha

As nosas guerreiras da fin de semana

Á espera do duelo de lucenses nos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *