#Feminino

As nosas guerreiras da fin de semana

Un mercares máis voltamos coa nosa sección de fútbol feminino. Hoxe será unha sección un pouco máis longa do habitual, dado que os equipos da provincia disputaron non un, senón dous encontros ao longo da fin de semana: un o Xoves Santo e outro o Domingo de Pascua. Porén, non falaremos do PM Friol nin do seu filial, que continúan sen competir polos casos de Covid-19 que apareceron no clube a finais da semana do 22 de marzo. As da Reigosa voltarán ao traballo, se non hai novidades, ao longo desta semana.

Dito esto, pasamos directamente a falar dos clubes que sí competirán na Primeira Galicia: o CD Lugo e a SD Antas.

CD Lugo: o xoves 1 de abril viviu nas súas carnes o cruel que pode ser este deporte. Despois de ir gañando ao Victoria CF «B»  (1-0) toda a segunda metade grazas a un gol de Iria, as coruñesas conseguiron o tanto do empate no último minuto de xogo. As albivermellas gozaron de moitas ocasións para aumentar a súa renda antes do desenlace, pero ao final repartíronse os puntos na Cheda. O mesmo escenario viu o domingo como as de Joaquín Blanco superaban ao Betanzos por 3-1, nun choque que sentenciaron na primeira parte para evitar un disgusto como o de tres días antes. Dous tantos de Irene e un en propia meta das visitantes permitieron ás locais chegar cunha renda de 3-0 ao descanso. O segundo periodo foi máis parado, rematando cun gol anecdótico do Betanzos no 58′ de xogo.



SD Antas: tocoulle descansar ás do Castro Seoane o Xoves Santo, pois o seu grupo está composto por tan só 5 equipos. O descanso serviulles as celestes para dominar o seu duelo do domingo ante o EFM Concello de Boiro, que rematou cun 3-1 a prol das lucenses. Nuria Louzao conseguiu un doblete nos primeiros minutos que permitiu á SD Antas chegar 2-0 ao descanso. Na segunda metade as visitantes apretaron e conseguiron un 2-1 que ponía contra as cordas ás nosas guerreiras. Porén, como tales, non se amedrentaron e buscaron ampliar de novo a vantaxe, algo que conseguiron no minuto 75′ por medio de Melanie.

O máis destacado

A SD Antas fixo unha primeira parte moi seria e moi completa que lle serviu para encarrilar o partido, aínda que despois sufriron polo exceso de confianza.



A crack

Nuria Louzao fixo dous goles que permitiron á SD Antas despegar nesta 20/21.

A frase

Joaquín Blanco, preparador do CD Lugo, destaca «o tremendo esforzo e garra das rapazas para sacar 7 puntos en 7 días. Agora toca recuperar as baixas causadas polo frenético arranque da competición e seguir trabajando.»

As nosas guerreiras da fin de semana

O gol do líder ten nome propio:

As nosas guerreiras da fin de semana

Dani Vidal e Arturo marcan o seu

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *