As nosas guerreiras da fin de semana

Imaxe de portada: Web PM Friol 
Volveu o fútbol. Xa fai dúas semanas, os clubes de Segunda División “B” e Terceira División, así como os da Primeira División feminina, comezaban a temporada 2020/2021. Unha semana despois foi o turno da segunda división nacional de fútbol feminino, o Reto Iberdrola, categoría na que contamos con representante lucense, o PM Friol.

Tendo en conta que volve o que máis nos gusta, tamén volven as nosas tradicionais seccións. Unha delas é a que adicamos semana tras semana ás guerreiras que defenden á provincia polos campos de todo o país. Hoxe retomamos “As nosas guerreiras da fin de semana” co que lle aconteceu ao PM Friol no seu debut ligueiro ante o Racing de Santander Féminas!

As rapazas dirixidas por Abraham Rodríguez comezaron ben o choque na Reigosa, levando o peso do xogo e contando con alguna oportunidade clara na primeira metade. Porén, o tempo de lecer chegou e o resultado mantíñase intacto: 0-0. Na segunda metade, as cántabras deron un paso adiante e dominaron máis, pero sen apenas ocasións. Ao término dos 90 minutos, “cerocerismo”. Deste xeito, concluiu a primeira xornada cunha reparto de puntos que deixa ás friolenses boas sensacións de cara á súa visita á cidade deportiva do Requexón, onde se medirán esta vindeira fin de semana ao Real Oviedo.

Destacou polo clube lucense a capitana, Fanny!

Para rematar, agardamos que -máis cedo que tarde- toda a situación derivada da crise sanitaria se estabilice e poidamos realizar esta sección tan completa como era até marzo deste difícil 2020!!

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 459

Deja un comentario