Tendo en conta que volve o que máis nos gusta, tamén volven as nosas tradicionais seccións. Unha delas é a que adicamos semana tras semana ás guerreiras que defenden á provincia polos campos de todo o país. Hoxe retomamos «As nosas guerreiras da fin de semana» co que lle aconteceu ao PM Friol no seu debut ligueiro ante o Racing de Santander Féminas!
As rapazas dirixidas por Abraham Rodríguez comezaron ben o choque na Reigosa, levando o peso do xogo e contando con alguna oportunidade clara na primeira metade. Porén, o tempo de lecer chegou e o resultado mantíñase intacto: 0-0. Na segunda metade, as cántabras deron un paso adiante e dominaron máis, pero sen apenas ocasións. Ao término dos 90 minutos, «cerocerismo». Deste xeito, concluiu a primeira xornada cunha reparto de puntos que deixa ás friolenses boas sensacións de cara á súa visita á cidade deportiva do Requexón, onde se medirán esta vindeira fin de semana ao Real Oviedo.


Destacou polo clube lucense a capitana, Fanny!
Para rematar, agardamos que -máis cedo que tarde- toda a situación derivada da crise sanitaria se estabilice e poidamos realizar esta sección tan completa como era até marzo deste difícil 2020!!
