#Feminino #Fútbol afeccionado

As nosas guerreiras da fin de semana!

Unha semana máis, analizamos todo o que nos deparou a xornada feminina na provincia, sendo unha das máis importantes da campañas, tras a victoria do CD Lugo-PM Friol por 1-3 en Mareo ante o Sporting de Xixón. Cos tres puntos, as da Reigosa son virtualmete posuidoras dun ascenso histórico no noso fútbol, restando tres xornadas para o final da temporada!

Na Primeira Galicia, a SD Antas conseguiu tres puntos apoteósicos ante un rival superior sobre o papel (3-4 na casa da UD Mos), pero nun partido no que as lucenses tiraron de coraxe. O choque estivo totalmente tolo: do 1-0 pasouse ao 3-2 en 15 minutos, e con ese resultado se chegou ao intermedio. Tralo descanso, dous golazos de Nuria Louzao, que completou un hat-trick, decantaron a balanza do lado das celestes.

A SCD Milagrosa, pola súa banda, caeu 0-5 co Viajes Interrías. O final de temporada chega moi apretado, e con poucas probabilidades de que os dous equipos da provincia consigan manter a categoría.

Na Segunda Galicia, ademáis de descansar o PM Friol-CD Lugo «B», a SD Chantada arrollou (6-0) á Torre SD, e a Comercial caeu 3-1 na casa do Sporting Burgo. Asemade, o Carballedo CF sacou un moi meritorio punto na casa do Xuventude de Crendes, nun duelo no que de novo a actuación arbitral deixou moitas protestas do lado lucense, chegando a rematar o partido con nove xogadoras. Aínda así, 0-0.



Por último, no Fútbol-8, a SD Burela ganou na casa do Betanzos con dous goles de Lara Pernas (1-2), a xogadora máis destacada do encontro, e a SCD Milagrosa «B» caeu en Frigsa ante o Vioño, 2-3.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *