Amor a dous toques: Rafael Louzán

O presidente da RFGF deixou moitos titulares nesta conversa en exclusiva

En Futbolinlugo e Futbolinourense demos un paso máis e conseguimos conversar con Rafael Louzán, presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), a quen lle agradecemos a súa disposición para que isto se levara a cabo. Con el dialogaron ao redor dunha hora Manu Amor e os nosos redactores Iván Calaza e Diego Díaz, tratando de tocar todos os temas de actualidade. Poñendo así o broche de ouro a unha das seccións estrelas do confinamento: Amor a dous toques.

Falamos da resolución federativa que deu por rematada a actual tempada: “De 5500 clubes só reclamaron 14, creo que acertamos”, así como do plan competicional de cara ó próximo curso. Pasando por tódalas categorías do fútbol afeccionado, desde a 3ªAutonómica á 3ªDivisión, “nas que se está traballando para que haxa público na vindeira temporada”.

Ademais, falouse sen tapuxos de temas candentes como o acordo frustado entre o Pol e o Estudiantil, a fase de ascenso de Balaídos a polémica dos Ourenses, o ascenso ou non do Boiro, a Copa do Rei para o Viveiro, a finalización das Copas Deputación 2020, a igualdade ou desigualdade para ascender nas diferentes provincias, a posibilidade de ver a Louzán presidente da Real Federación Española de Fútbol… Así como todas as novidades que se esperan para a campaña 20-21.

Todo isto, e moito máis, nesta ampla charla. Desfruten!

Frases destacadas:

“Tiña constancia de que o Pol estaba interesado nesa praza. Vin nos medios algunhas queixas do Pol, pero nós aí non podemos entrar. É unha cuestión que se negociou”.

“Entendíamos que ao Boiro lle correspondía a praza, xa que, habitualmente, cando hai unha vacante sube o equipo de Preferente mellor ubicado. Pero agora mesmo está moi complicado. Ao non haber descensos, esa variación sustancial provoca que de momento o Boiro non teña posibilidades”.

“Ourense, coma cidade, merece un equipo nunha categoría superior. Todo o que vaia encamiñado a facer algo así, dende a Federación o vamos valorar positivamente. Queda camiño por percorrer”.

“Os catro clubs están encantados de xogar en Balaídos. Esta proposta nace pensada para, se hai a posibilidade, acoller a unha parte importante das afeccións de cada un dos equipos. O estadio reúne tódalas condicións para cumplir as normas sanitarias. Temos a seguridade de que a TVG vai poder ofrecer os tres partidos en directo, ademais de Footters. Tíñamos xa un acordo coa canle pública. Vai ser algo histórico”.

“A previsión do fútbol profesional é volver a mediados de setembro, e o que manexa a Federación España para o fútbol non profesional é retornar nos primeiros días de outubro. Mais todo cambia moi rápido e igual se adianta a fecha de comezo”.

“Trasladeille a Rubiales que Galicia non iba a estar de acordo co reparto por cremalleira en Terceira, e finalmente accedeu: o presidente dixo que se dous terzos dos clubs de Terceira prefiren o formato territorial (grupos norte e sur) a RFEF non poñería problemas. Na Segunda B, queremos que tódolos galegos estén no mesmo grupo. Hai posibilidades de que sexa así”.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario