#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

A muralla defensiva da Residencia

Diego Bravos, porteiro da Residencia

A Residencia está nun estado de forma espléndido na Primeira Futgal con seis vitorias consecutivas. Pero onde se están a facer realmente fortes é en defensa. Só un gol encaixado nos últimos nove encontros de liga amosan un bloque defensivo dunha fortaleza increíble que está liderado por dous grandes porteiros, Diego Bravos e Marcos Sanfíz. Ambos rotan dende o comezo da tempada e conseguiron que, dende o quince de decembro, só entrase un gol na súa portería.

Unha rotación na portería da Residencia pouco habitual

Non é normal que nos equipos haxa unha rotación na portería coma en calquera outro posto. Tanto Diego Bravos como Marcos Sanfiz túrnanse na titularidade da Residencia, 10 para Bravos e 13 para Sanfiz, debido ao seu adestrador, Rafa Casanova. «El é o que decide en cada partido quen dos dous vai xogar dependendo do que necesite o cadro en cada encontro», afirma Diego Bravos, quen tamén apunta que «tanto Marcos coma min estamos facendo un gran ano nos adestramentos e mantemos ese nivel nos encontros». Sanfiz afirma que «ambos temos un gran nivel e cada un dos dous temos situacións onde o adestrador pensa que un pode ser mellor que o outro».

Unha situación á que Diego Bravos non estaba acostumado nos últimos anos no clube, xa que el foi o dono da portería durante as últimas nove tempadas. «A verdade é que eu viña de xogar todo os partidos, pero sei que este ano toca cumprir este rol e a verdade é que estou moi contento porque o equipo esta conseguindo bos resultados e loitar polo campionato. Tamén Marcos está a facer unha tempada espectacular e ambos estamos mellorando moito», subliña o porteiro.

Un traballo defensivo común

A chave deste gran tramo da tempada da Residencia está nunha defensa que se caracteriza polo gran esforzo colectivo que realizan dende o primeiro dianteiro que salta a presionar ata os defensores. Bravos indica que «melloramos moito na presión en campo rival ao estar máis organizados. Tamén mellorou a liña defensiva, xa que lograron adaptarse mellor á categoría e lograr moita máis solidez e que o rival teña menos ocasións de gol».



Esta mellora en fase defensiva é a chave dunha xeira de resultados que lle permitiu ao conxunto lucense gañar os oito encontros nos que non encaixou ningún gol, o tanto foi no 0-1 ante o Burela. Diego Bravos sinala que «para loitar polo campionato necesitamos manter a regularidade sabendo que en todo o encontro imos ter oportunidades para marcar. Temos que manter a nosa mentalidade de ir partido a partido e aproveitar esta dinámica para o tramo final».



A muralla defensiva da Residencia

O San Lázaro non ten disfrace de

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *