A Primeira Autonómica xa ten calendario para a vindeira temporada, logo de realizarse o sorteo na sede da Federación Galega de Fútbol no día de onte. A campaña 2018-2019 baixará o telón o día 2 de setembro, e farao sen derbis. Ningunha das comarcas da nosa provincia poderá disfrutar dun enfrontamento entre equipos veciños na primeira xornada.
Podes consultalo calendario completo no seguinte enlace: calendario primeira
Cabe destacar no arrinque do campionato o encontro que se disputará en Cerdeiriños entre un Monterroso que na última temporada estivo na zona media-alta e o Outeiro de Rei, que logo do descenso de categoría será un dos equipos chamados a ocupar un posto de privilexio. Dous equipos como Páramo e San Ciprián, rivais ata a derradeira xornada por evitalo descenso de categoría comezan enfrontándose nas Rapadas.
Se na xornada inicial non houbo derbis, na segunda veranse as caras dous conxuntos da mesma vila: Chantada Atlético, que retorna á categoría tan só un ano despois enfróntase á S.D. Chantada, a priori un dos favoritos ao ascenso. Outro enfrontamento a ter en conta será o que se disputará na Cheda entre a Residencia e o Lemos na quinta xornada. Os teóricos galos da categoría buscarán comezala liga do mellor xeito posible. Na seguinte data, os de Edu Rodríguez recibirán ao Chantada, nun encontro tamén da máxima rivalidade.


Lóxicamente, o transcurso da competición será quen de decirnos cales son os encontros máis destacados. A finais de xaneiro e primeiros de febreiro, o Atlético Escairón enfrontarase consecutivamente a Residencia, Chantada e Monterroso, moi preto de finalizala primeira volta. Moi probablemente, alá polo mes de abril sexan encontros fundamentais.
Tamén o resto de equipos recén ascendidos á categoría como son o Burela, Pol e Friol protagonizarán encontros interesantes. Os mariñáns xa na cuarta xornada visitan ao veciño Xove Lago, derbi noutrora da parte alta de Terceira División, pero non por iso será menos trascendente este ano. O Pol visita ao Riotorto na oitava xornada, nun encontro entre equipos da comarca de Meira. O Friol, no seu primeiro encontro como local, recibe ao Burela, co obxectivo de facer da Reigosa un fortín.
