#Fútbol afeccionado

A necesidade de lavar bocas, o ascenso do Guntín e Romy e Moncho de 3 en 3

A fin de semana tivo de todo na Segunda Rexional. Dende a falta de lavar bocas nos campos da provincia ata vivir o ascenso do Guntín á Primeira.

Quedan seis puntos en xogo e as clasificación vaise clarificando. O Meira está a piques de ascender e o Folgueiro, o Iberia, o Guitiriz e o Cospeito xa están clasificados para a fase.

A parte máis emocionante está no acceso á zona de privilexio da zona sur e nas opcións de salvación en ambos grupos. Contámolo en #ONoso11AChaira

Na zona norte, o Meira está a un paso de certificar o seu ascenso de categoría. Venceu ao Alfoz nun partido máis igualado no primeiro tempo. Aínda que o 2-1 que lograron os locais antes do descanso tamén foi chave. 



No segundo acto os pupilos preparados por Labrada marcaron dous goles máis para asegurar os 63 puntos na táboa clasificatoria. A priori, esta próxima xornada podería producirse o ascenso do Meira. Chégalle con gañar o seu partido. Xoga como visitante pero preto da casa. Collerá a LU-120 para desprazarse a Muimenta e tentar acadar o obxectivo.

O partido da Lomba estivo manchado polos presuntos insultos racistas que un xogador do Alfoz recibiu dende a bancada. O club verdibranco emitiu esta semana un comunicado poñendo en coñecemento os feitos coa pretensión de defender a dito futbolista. 

A colexiada chegou a parar o partido no segundo tempo cando dende o propio Alfoz lle comunicaron a situación (xa repetida no propio partido, segundo apuntan dende o club). A árbitra recolleu na acta que el non escoitara ditos insultos racistas pero falou co delegado de campo para pedir que a situación non se volvera repetir. 



Logo de cinco minutos co xogo detido, o partido reanudouse sen que, en principio, esta grave circunstancia se volvera dar. Dende o Meira, que actuaba como club local, apoiraron o comunicado emitido polo seu rival. Condenan o racismo e afirman a que seguiron as indicacións da colexiada dentro do terreo de xogo. 

Con respecto ao feito, o Comité de Competición resolveu non impoñer sanción ao Meira en relación aos incidentes do público que o árbitro deixou por escrito. O Comité indica que basea esta decisión en vista da colaboración inmediata que amosou o club meirego. 

Hai novidade na segunda posición que pasa a ser ocupada polo Iberia. O equipo de Reinante completa unha volta seguida sen perder ningún partido. Derrotou con claridade á Candelaria e queda a catro puntos do líder. 

Gran entrada no campo da Rúa que contou coa visita do presentador e humorista da TVG, Roberto Vilar

O Iberia impuxo a súa lei xerando ocasións e marcando goles xa na primeira metade. Adiantáronse por medio de Dani Prieto que realizou un gran lanzamento de falta directa. O segundo gol foi da autoría de Jorge



De novo para o terceiro tanto, os de José Manuel botaron man da estratexia. Desta volta foi Marcos quen rematou ben de cabeza. Con este resultado marcharon aos vestiarios. 

No segundo tempo, os visitantes xogaron coa comodidade do resultado e marcaron un tanto máis. Marcos marcaría o seu dobrete cun novo gol en xogada de estratexia. 

O Folgueiro agora é terceiro, a un punto do Iberia e a cinco do primeiro clasificado. Empatou na súa visita á Comercial. 

O cadro do Vicedo non terminou de adaptarse en ningún momento ao partido na capital. Os locais realizaron un gran encontro e amosaron a súa combatividade. 

Con todo, os de Manuel Vicente chegaron coa vantaxe de 1-2 a recta final de encontro. Driver empatou para a Comercial que suma catro partidos consecutivos sen perder.

Tanto o Iberia como o Folgueiro teñen asegurada a súa participación no play off. Así como o Guitiriz e o Cospeito que selaron o seu pase á zona de privilexio. 

O Guitiriz é cuarto tras impoñerse ao Castro B con remontada incluída. Os locais gañaban 2-0 ata o tramo final de encontro. Primeiro de córner e logo de penalti, os visitantes empataron. 

Xa nos últimos intres, Diego Castro marca o gol do triunfo. O partido remata con protestas incluídas do público á actuación arbitral. De feito, o Comité de Competición indica que multa ao club e que o apercibe de clausura de instalacións deportivas ou celebración de partidos a porta pechada. O ente federativo califica nos seus argumentos os feitos acontecidos como graves. 

Na quinta praza queda momentaneamente o Cospeito ao vencer o Fonsagrada. Está a un punto do Guitiriz que será con quen se xogue ser cuarto. 

Foi o Fonsagrada quen se puxo por diante no marcador. Ao descanso gañaban os de Nico. Os locais remontaron nun segundo acto que comezou con gol de Fran. Logo dunha gran xogada individual e finalmente coa axuda dun defensor, Xoán marcou o segundo tanto. Xusto no final, os visitantes tiveron unha clara opción para empatar. 

Pelexar por ser sexto ese é agora o obxectivo do Xermade logo de realizar unha gran segunda volta. O cadro xermadino sumou o segundo empate seguido, pero acumula o seu noveno encontro consecutivo sen perder. 

Empatou na casa dun Celta Barreiros que levaba dende o once de febreiro sen sumar puntos. Un dos grandes protagonistas do encontro foi René. O gardamallas do conxunto celeste realizou varias intervecións de mérito que evitaron que os visitantes marcaran gol. É a primeira vez na tempada que o Celta Barreiros logra manter a súa portería a cero. 

O Muimenta perdeu nesta segunda volta a oportunidade de xogar o play off pero vai vivir os dous últimos encontros sen a presión dos arrastres. O seu triunfo ante o Goiriz dálle marxe suficiente como para evitar un posible descenso. 

Tentouno o Goiriz ante o Muimenta pero non deu co gol. Ningún dos dous tivo moitas ocasións pero os do Pichón atinaron nada máis empezar. Os de Basi controlaron o partido no último tercio de encontro. 

A loita por evitar os posibles arrastres que se podan dar vai estar emocionante ata o final. É que a Comercial que é novena con 37 puntos aínda pode estar en problemas. Conta con tres de marxe sobre 11ª posición ocupada polo Alfoz. 

Ese posto aínda podería estar en perigo nun hipotético caso no que baixaran cinco equipos procedentes da Primeira Rexional cara o grupo norte da Segunda. Poderían incluso ser seis os equipos que caeran para este grupo, pero sería cunha carambola que agardemos poder descartar xa nos próximos días. 

Na décima posición da Segunda está o Cabreiros. Superou no derbi a un Roupar que deixa moi tocado. O cadro de Diego Dopico podería estar xa descendido virtualmente. Só podería ser cuarto por abaixo, ao ter o gol average perdido co Castro B (a seis puntos na 12ª posición). 

Comercial, Cabreiros, Alfoz, Castro B e Fonsagrada tentarán fuxir dos postos perigosos. Ademais aspiran a contar coa axuda dos equipos de superior categoría. No mellor dos casos a salvación estaría no 12º posto; os catro últimos baixarían. 

Na zona sur, a xornada saiulle redonda ao Guntín. Ascende á Primeira Rexional unha temporada despois de descender á Segunda. A falta de dúas xornadas ten confirmado que sobe de categoría e que é o campión da Segunda Sur. 

Os pupilos preparados por Hugo Vázquez superaron con claridade ao Chantada B no seu campo. Practicamente resolveron o partido na primeira media hora. Ademais, beneficiáronse do resultado do Gandarón. O Paradela e o Friol ofreceron un espectáculo ofensivo no que os locais gañaron. 

Precisamente o Friol vai ocupar a segunda praza con total seguridade. Quedou sen opcións de alcanzar ao líder, pero a pesar da derrota mantén o gol average co Paradela polo o posto é seu. 

As ocasións e as alternancias no marcador foron a dinámica habitual ao longo dos noventa minutos. Sobresaíu Romy con tres goles. O dianteiro acumula 23 goles no curso.  

A pelexa polas outras tres prazas que dan acceso a participar na fase será o que lle dea emoción as dúas últimas xornadas. Paradela, Becerreá e Ferreira ocupan agora esas posicións. A Milagrosa e o Oural tamén son candidatos. Os cinco equipos están nunha diferenza de cinco puntos. 

O Becerreá venceu ao Sporting Lucense repetindo o duelo da Copa duns días antes. Adiantouse o Becerreá pero o Sporting Lucense remontou o resultado antes do descanso. No segundo tempo a remontada definitiva foi do Becerreá.

O Ferreira é o equipo que peor xeira leva dos cinco candidatos. Perdeu pola mínima no Baliño ante o Brollón. Acumula oito partidos sen gañar. Xogará co Lemos B e recibirá na última xornada ao Becerreá nun partido que vai ser decisivo para ambos.

Precisamente a Mila e o Oural xogaron un dos duelos directos da xornada. Para os dous sería clave o triunfo pero o partido rematou en empate. Non houbo goles e iso que ambos tiveron algunha ocasión clara para facelos. 

Algo máis beneficiado queda o conxunto do Luis Gorgoso porque mantén ao seu favor o gol average. Gañara na primeira volta. Polo que tería vantaxe nun hipotético empate. 

O San Lázaro, o Brollón, o Sporting Lucense e o San Roque ocupan postos medios da clasificación sen maior aliciente ca quedar o máis arriba posible. O San Lázaro e o San Roque foron dúas das víctimas dos últimos clasificados. Os tres equipos que ocupan as posicións máis baixas da táboa conseguiron os tres puntos. 

O Carballedo é o equipo que máis papeletas asina para a salvación. En principio, como máximo neste grupo poden descender tres equipos en total. O Carballedo ocupa esa antepenúltima posición. Está a dous puntos do Lemos B e a seis do Chantada B (co que ten o gol average empatado). 

Os pupilos adestrados por Rodrigo Amarante venceron ao Lemos B para impedir que avanzaran na súa salvación. O Carballedo practicamente sentenciou no primeiro tempo. Destacou Moncho que foi autor de tres dos catro goles que marcaron os seus. 

O filial lemista só puido ir con dez xogadores dos habituais e a maiores dous futbolistas xuvenís. As lesións e as sancións lastraron nesta xornada ao equipo adestrado por Fernando Elcoso. 

O penúltimo clasificado é o Río Sil que está a catro puntos do Carballedo. O equipo da Carqueixa superou ao San Roque. Panizo adiantou aos seus e os visitantes igularon en xogada a balón parado como non podía ser doutra maneira. Marcou Sito. 

Con empate no marcador, o porteiro do San Roque foi expulsado. Por doenza de última hora, o equipo lucense só levou a un gardamallas na convocatoria polo que foi Sito quen vestiu as luvas. Aínda cun menos os de Diego Díaz tiveron as súas opcións. 

Con todo na recta final o Río Sil marcou o segundo. Ao contragolpe os locais sentenciaron con dous goles máis. O encontro rematou con tensión. Smaily foi expulsado no cadro da casa.

O Corgo sacou o orgullo para vencer ao San Lázaro. De feito, ao descanso perdían 0-2. No segundo tempo os locais remontaron o partido e marcaron cinco goles. Mesmo fixeron que o gran gol de Yelko non supuxera puntos para os seus. Aínda que si sumou para os que puideron velo. O dianteiro pegoulle dende o saque do centro do campo.

Neira como o porteiro menos goleado e Álvaro Bazal nunha posición máis retrasada a súa habitual forman parte dun once con moita presenza ofensiva

A necesidade de lavar bocas, o ascenso do Guntín e Romy e Moncho de 3 en 3

O Lugo recupera a segunda praza con

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *