A última xornada do ano na Segunda Rexional terá dous partidos menos. Por culpa do covid non se xogarán os partidos entre o Bóveda e o Incio, o Paradela – Santa Comba e tamén o derbi do norte entre o Roupar e o Cabreiros.

A continuación deixámosvos os Onces Futbolinlugo da última xornada da primeira volta na Segunda. Na zona norte no subgrupo 1A, o Cabreiros é o líder en solitario logo de gañarlle ao Celta Barreiros. Pola súa banda, no subgrupo 1B, o Meira tamén segue na cabeza do grupo aínda que empatou ante o Fonsgrada.

Pola súa parte, na zona sur, xa na anterior xornada non se puidera xogar o Paradela – SD Becerreá. Aínda que o conxunto da Montaña mantense de primeiro no subgrupo 2A. No subgrupo 2B, o Ferreira é quen lidera a táboa clasificatoria.

