#Feminino #Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

A Axenda: necesidade na Reigosa e duelos directos en Cantarrana e na Pinguela

A tempada “regular” está a piques de chegar a súa fin para algúns equipos. Un exemplo é a do Racing Villalbés. Ao cadro chairego quédanlle dúas xornadas por xogar da 2ª fase. Xoga o Partido Fisioterapia Ronda desta finde ante o Choco. Se gaña, clasifícase para o play off. Ademais da cita da Madalena este domingo ás 17h hai máis fútbol pola provincia.

Reto Iberdrola:

PM Friol – Zaragoza CFF (sábado ás 17:30h na Reigosa): Único partido do fut fem sénior que se xoga esta finde na provincia. O Friol necesita gañar para seguir con opcións de salvación na Segunda División. Recibe na segunda xornada da segunda volta do grupo da salvación ao Zaragoza CFF. O cadro aragonés xa ten a permanencia asegurada.



O PM Friol non sabe o que é gañar nesta 2ª fase. Segue cos catorce puntos conseguidos no primeiro tramo de competición. Ten un partido menos ca os seus rivais e a salvación está a cinco puntos. A estrutura presidida por Geluco Villar quédanlle quince puntos en xogo.

Aforo limitado na Reigosa. Entrada preferente para @s soci@s.

O Polvorín volverá muda a Cheda polo Anxo Carro por segunda xornada seguida. Foto: Endie Doa Rúa

Terceira Galega:



Viveiro – CD Barco (domingo ás 17:30h en Cantarrana): Duelo directo na quinta xornada do grupo da permanencia. O Viveiro inicia a xornada en postos de descenso. Iso si, empatado a puntos co seu rival desta finde que ocupa a terceira praza. Ambos teñen 35 puntos xunto co Arzúa e o Ribadumia. Sálvanse os catro primeiros equipos deste grupo.

Quedan vinte e catro puntos en xogo. O Viveiro vén de perder ante o Ourense CF no Couto. Pero ten o aval das dúas vitorias xa conseguidas en Cantarrana nesta fase. O feudo viveirense terá que seguir xogando un papel crucial na consecución da salvación dos pupilos preparados por Chusky.

Aforo limitado en Cantarrana. Entrada preferente para @s soci@s.

Polvorín – Arenteiro (domingo ás 17:00h no Anxo Carro): O filial albivermello repite escenario como local. Xogará no Anxo Carro coa idea de sumar os tres puntos ao igual ca o consegui hai un par de semanas ante o Alondras. Os xogadores preparados por Álex Ortiz xa non teñen opcións de acceso directo á Segunda RFEF.

Xa saben que van xogar o play off. Non obstante, a posición segue sendo importante porque ten relevancia á hora de xogar as eliminatorias na casa. O Polvorín é cuarto clasificado a dous puntos do Arosa. Recibe a un Arenteiro que vén de conseguir ese pase matemático a nova categoría. O cadro do vilalbés Víctor Eimil ten agora como obxectivo selo campión.

Ao encontro poderán asistir socios do CD Lugo.

O Santaballés sitúase a tres puntos do segundo posto

Preferente lucense:

Residencia – Foz (domingo ás 12:00h na Cheda): os locais queren volver ao camiño da vitoria para seguir na loita polos postos altos. Nestes momentos ocupa a terceira posición, en postos de acceso á Copa do Rei. A segunda posición está a dous puntos. Aínda que vén de perder, a liña é moito máis negativa no seu rival. O Foz non coñece a vitoria nas seis primeiras xornadas de liga. Aínda que todas as derrotas foron pola mínima.

Pódese acudir ata completar aforo. 

Sarriana – Ribadeo (domingo ás 18:00h na Ribela): O líder quere amarrar os puntos na casa antes de afrontar dúas saídas seguidas a domicilio. A Sarriana ten xa seis puntos sobre o terceiro. Non obstante, foi ante o Ribadeo o único partido no que non logrou sumar de tres. No Pepe Barrera houbo empate a un gol. O cadro da Mariña precisa a vitoria se quere pelexar na recta final, polo menos, polo terceiro posto.

O aforo está restrinxido aos soci@s da SD Sarriana.

Club Lemos – Santaballés (domingo ás 18:00h na Pinguela): Pelexa de poder a poder polo segundo posto. O conxunto lemista (2º) ten tres puntos máis ca o cadro de Santaballa (4º). Os dous equipos chegan logo de gañar na anterior xornada. Edu Rodríguez non se poderá sentar no banco local ao ser sancionado cun encontro.

O aforo está restrinxido aos soci@s do Club Lemos.

A Axenda: necesidade na Reigosa e duelos directos en Cantarrana e na Pinguela

O partido Fisioterapia Ronda . . .

A Axenda: necesidade na Reigosa e duelos directos en Cantarrana e na Pinguela

O anecdotario: «A embarcada de Boiro», por

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *