#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 77

Logo do anuncio de Rafa Casanova como técnico e tras confirmarse a saída de xogadores importantes, o Ribadeo F.C. comeza a reestructurar a plantilla coa chegada de dous xogadores: Mario, un central que chega do Andés, da Preferente Asturiana e Brais, mediocentro que xogou nos xuvenís do C.D. Lugo en División de Honra e rematou a temporada no Foz. Sen saír da Preferente, a S.D. Sarriana fichou a Fernando Currás como preparador de porteiros, que como xa anunciamos seguirá como xefe de prensa da Milagrosa.

Os gardamallas da Sarriana contarán con Currás como adestrador

Na Primeira Autonómica, Nacho será o adestrador de porteiros do Club Lemos. No Páramo, Bolo e Omar renovan no cadro de Fontal, e a S.D. Monterroso porase a andar de cara a nova temporada o día 30 de xullo, mentras que o filial farao o 6 de agosto. Na base do cadro de Cerdeiriños comezarán a pretemporada os xuvenís o día 13 de agosto, os cadetes o 16 e a escola de fútbol o día 4 de setembro.

Xa na Segunda Automómica, o Corgo pecha as renovacións dos catro capitáns: Debasa, Raúl, Jesús e Chechu, ademáis de Gavino, Borjita, Roche e Saavedra, polo que seguirán una temporada máis una boa parte do plantel, á espera do futuro dos técnicos Guty e Hugo. O Cabreiros acadou a fichaxe de Ayrton, que procede do fútbol sala, concretamente do Esteo, e este ano estará ás ordes de José Manuel.

Na Terceira Autonómica, o Celeiro comezará a pretemporada o día 8 de agosto.



 

Diario dun mercado. Episodio 77

Diario dun mercado. Episodio 76

Diario dun mercado. Episodio 77

Unha toma de conciencia a tempo

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *