#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Trío de Ases Terceira (Xornada 28) e Preferente (Xornada 27)

O Polvorín deu un pasiño máis cara o ascenso a Terceira División. Solventou a complicada saída a Arzúa cun doblete de Facu, que á postre lle deu o liderado. Os dous tantos chegaron a balón parado, un en cada tempo. O primeiro nun córner e o último, nun lanzamento de falta. Victoria de mérito nun campo cheo de auga e sobre o que era imposible combinar. E tamén tivo moito mérito o triunfo do Outeiro de Rei, con remontada incluida nas postrimerías do encontro. Tres puntos moi necesarios para cortar unha dinámica negativa que xa se prolongaba demasiado no tempo.

Nesa zona baixa, a mala nova púxoa o Viveiro. Os mariñáns, nunha situación moi delicada e en postos de descenso, caeron pola mínima ante o Dubra. E o Atlético Escairón tampouco puido puntuar no derbi ante o Castro. Os do Saviñao fixeron unha boa primeira metade pero cederon ante o golazo de Iván González. Un tanto que deixa aos de Javi López a catro puntos da terceira plaza. Unha plaza que agora é do As Pontes. Isto débese a que o Ribadeo empatou na casa ante un combativo Residencia. Adiántaronse os de Fiz no ecuador da primeira metade e os capitalinos remontaron tralo descanso. Santi igualou de novo a contenda de penalti. Pero a piques estivo de caer o conxunto do Pepe Barrera. Hugo, cun paradón, evitou que os tres puntos marchasen cara Lugo. Por último, o Racing Villalbés desfíxose do Arousa grazas a un doblete do xemelgo José Varela.

[themoneytizer id=»15360-3″]



[themoneytizer id=»15360-16″]

Trío de Ases Terceira (Xornada 28) e Preferente (Xornada 27)

Palabra de… Diego Gómez: «Fútbol de mentira»

Trío de Ases Terceira (Xornada 28) e Preferente (Xornada 27)

As nosas redes falan!

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *