Como todos os luns, chegou o momento de mencionar aos destacados nas nosas redes nesta pasada fin de semana!
- O primeiro posto pode resultar sorprendente. Son a «competencia», pero ten que existir bo ambiente entre nós. Esta vez os amigos do LíderLugo superáronse coa súa portada!
Hoxe Líder 496…en portada… POR MOITOS MÁIS..tralo segundo derbi que disputaron o @CDLUfutbolbase e o @racingvillalbes na División de Honra xuvenil.
Ademais, toda a xornada do fútbol base lucense… pic.twitter.com/XdRs8uEKAc— LÍDER (@LiderRedaccion) 5 de marzo de 2018
- Tamén chegan interesantes novas desde Becerreá. A Semana Santa agárdase alegre e con moitas ansias de fútbol no Municipal.
- Por último, o Cazás intentará reconstruir o seu campo tras o ataque dos porcos bravos. Gran iniciativa foi a que trata de axudar aos seus vecinos!
Queremos agradecer públicamente a colaboración do @racingvillalbes e o @cdaspontes por participar nun encontro amigable co gallo de axudarnos a reconstrución do noso campo. No descanso realizaremos múltiples sorteos con agasallos | @futbolinlugo @GALICIANGOLES @elprogreso_Lugo pic.twitter.com/MOQXN6O79O
— SD Cazás (@SDCazas) 4 de marzo de 2018