Xa comezou o 2018, e agora que os Reis Magos acaban de chegar aos nosos fogares, queremos saber que se pide desde os distintos clubes con categorías de fútbol base a este novo ano!
Antón Méndez, coordinador SD Becerreá: «Nós este ano pedimos manter todas as categorías e alcanzar algún día o soño de xogar en Liga Galega con algunha categoría.»
Luis Eugenio, coordinador CD Palas: «Que continúe a ilusión por este deporte.»
Manel, coordinador CP Lucense: «O noso obxectivo é seguir na liña marcada ao principio, coas nosas ideas de aportar o máximo para que os nenos melloren deportiva e persoalmente, sendo moi importante para nós o compromiso e o comportamento de cada un. Seguir mellorando e aportar o máximo.»


Xosé Anxo Varela, Taboada CF: «Eu pido no nome do Taboada que non se nos manque ninguén máis de gravidade e por extensiónn pido o mesmo para os demais equipos, as lesións son a cara máis amarga.»
Amadeo, coordinador CP Calasancio: «Pódese gañar, empatar ou perder, pero o esforzo e a entrega no noso club é innegociable.»
Juan Gómez e Jorge Pereira, ACD Piringalla: «Queremos que todos os nenos desfruten da maxia do fútbol no 2018, e que sigan chegando bos resultados e cumplindo novas metas inacadables anos atrás.»

Mari, presidenta CF Monforte: «O CF Monforte pídelle aos reís que todos os nenos/as teñan as mesmas oportunidades para poder practicar este e outros deportes independientemente da raza, sexo ou posición social. Pedimos igualdade xa que todos teñen a mesma ilusión! Poderiamos pedir máis cousas que fan moita falta… Pero esta cremos que é a máis importante…»
Adrián Laureda, coordinador CD Lugo: «Saúde ante todo. A partir de aí: Ilusión, esixencia, aprendizaxe e mellora contínua.»
Simón Lamas, coordinador Racing Villalbés: «Sen entrar en tópicos, pedímoslle aos Reis seguir afianzando a estrutura do clube e a nosa maneira de traballar, ademais de ver cada vez mais canteiráns no 1° Equipo.»
Traste, coordinador SD Chantada: «Empezando polos cadetes, a idea é clara: seguir coa formación de cada un dos 22 rapaces, non só a nivel deportivo, senón dos valores persoais e deportivos que tratamos de inculcar neles xa que serán os protagonistas durante moito tempo do clube. Seguindo polo xuvenil «B», ao ser un conxunto de nova creación a idea é que se asente cada vez máis como equipo, contando con máis rapaces e coa mellora de moitos deles a través da diversión. En canto o xuvenil «A», é o único equipo onde teñen certa prioridade os resultados, xa que se intentou que houbese unha mellora competitiva que acercase ao equipo o ascenso á Liga Galega, á que se voltaría despois de dous anos. Queremos tamén pedir saúde para que os rapaces poidan correr, saltar e de todo o que se lles ocorra para que sexan felices co balón. O clube regalaralles motivos para que se ilusionen.»
Rachu, vicepresidente Quiroga FC: «O noso desexo é que os nosos xuvenís medren pouco a pouco e que os resultados recompensen o gran traballo e esforzo que están a facer durante esta tempada.»
Dani, coordinador ADC Sagrado Corazón: «Pedimos o crecemento de todolos clubes da cidade, para que o nivel do fútbol base lucense medre!»
Suso e Dumi, CD Castro: «Que os rapaces e entrenadores melloren e disfruten co que fan. E se debuta algún juvenil co conxunto sénior estaría genial.»
«Que siga medrando tanto en aspectos competitivo como sobre todo humano, que en poucos anos o primeiro equipo estea composto por gran parte de xogadores da canteira e que desfruten todos os membros da base queimando etapas e crecendo co clube.»
Fran, Xove Lago: «O desexo con respecto ao fútbol base é a consolidación das categorias inferiores e a entrada de xogadores das inferiores no primeiro equipo.»
Amaro, coordinador SD Ribadeo: «Desde a SD Ribadeo pedimos aos Reis Magos que se sigan divertindo os nosos nen@s, que siga o bon ambiente nos partidos e nos campos, que non haxa lesións nin en xogadores nin en alleos e que sigamos traballando para buscar máis presencia en equipos séniors propios da zona dos nosos xogadores.
Magín, presidente SCD Milagrosa: «Pedimos que se cumpran todos os obxectivos que nos propuxemos a principio de campaña e, a súa vez, pedimos seguir medrando en todo»