#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Terceira RFEF

Os desexos da Preferente e a Terceira para o 2018

Acabamos de estrear ano. O 2018 chega con obxectivos e desexos diversos para cada un dos nosos participantes na Preferente e na Terceira División. Así que quixemos escoitar a tódolos equipos implicados e ver que lle pedían a este 2018.

Óscar López. Presidente do Atlético Escairón: «Que non existan lesións graves e poder manter a categoría»

Álvaro Meilán. Preparador da Residencia: «Pido que todos os xogadores e adestradores disfruten deste deporte que tanto nos gusta. En especial aos da Residencia, que logren todos os obxectivos colectivos e individuais que se propoñan. No equipo, que nos respeten un pouco máis as lesións e ter moitas alegrías cada fin de semana para celebralas en EQUIPO»

Juan Peón. Adestrador do Outeiro de Rei: «Seguir traballando coa mesma ilusión e intensidade. Que ese esforzo se traduza en bos resultados. Logo, que nos respeten as lesións e recuperar aos lesionados de longa duración e poidan disfrutar desta competición



Fiz Rodríguez. Técnico do Ribadeo: «Que nos respeten as lesións e mellores instalacións para adestrar. A nós, poñer moito traballo e ilusión para conseguir ser máis regulares e ser todas as semanas o Ribadeo que demostramos que podemos ser»

José Durán. Preparador do Polvorín: «Ao 2018 só lle podo pedir saúde! Ao equipo, capacidade de traballo, aportación individual e disciplina táctica. Se conseguimos aunar todo isto conseguiremos éxitos deportivos seguro»

José Ramón Vega. Presidente do Castro: «Pido traballo e sorte coas lesións»



Chusky. Técnico do Viveiro: «Que respeten as lesións aos nosos xogadores e cumplir cos obxectivos marcados dende a nosa chegada ao clube»

Óscar Gilsanz. Adestrador do Rácing Villalbés: «Para o Rácing pido saúde sobre todo, que aos xogadores os respeten as lesións»

Os desexos da Preferente e a Terceira para o 2018

Felipe Varela (A.C.D. Valadouro): «É a primeira

Os desexos da Preferente e a Terceira para o 2018

Os desexos da base para 2018

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *