Gabri do Outeiro de Rei

Gabri (Outeiro de Rei): «A chave é o bo grupo que temos»

Se hai unha revelación do comezo de tempada da Primeira Futgal, esta ocupa o liderado. O Outeiro de Rei está na primeira posición despois dun comezo de campaña ondes deslumbrou a propios e estraños. Consolidarono cunha boa vitoria por 0-2 na casa do Taboada onde Debasa abriu a lata e Gabri sentenciou para pechar os tres puntos. As cifras ata o momento son espectaculares. Son 14 goles a favor e 1 en contra para un conxunto que, ata o de agora, non coñece o que é perder.

O defensor pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Durante a entrevista falaron do último encontro, o inicio da campaña e o obxectivo do curso.

Entrevista a Gabri do Outeiro de Rei

Encontro ante o Taboada:»Ao comezo complicousenos porque non estabamos finos con balón. Si que é verdade que Lucho salvounos en varias ocasións para manter o empate. Co gol de Debasa e co meu xa se nos fixo todo máis sinxelo».

Inicio fulgurante:»De momento estamos bastante ben. O ano pasado tivemos moitos empates e mala sorte e agora correxiuse. Esperamos poder seguir aí moito tempo. A chave do éxito é o bo grupo que temos. Os reforzos axudaron a impulsar a nosa base e Rubén ten moito que ver».

Obxectivo do Outeiro de Rei:»O ano pasado contabamos con salvarnos e fixémolo na última xornada. Queremos facelo o antes posible. Pese aos resultados, o primeiro é quedar na Primeira Futgal e logo xa desfrutaremos».