#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Diario dun mercado. Episodio 537

Comezamos este episodio do noso Diario na Preferente Futgal. O Lemos segue sumando pezas ao seu novo proxecto, coa mirada posta en pelexar o ansiado ascenso a Terceira RFEF. Para iso chegan á Pinguela os brasileiros Lucas Ventura e Matheus Felipe. O primeiro é un futbolista de ataque con experiencia na liga do seu país e na primeira división ucraniana, mentres que o segundo é un defensa central de gran envergadura con ampla traxectoria na segunda división de Brasil. O Burela tamén reforza o seu cadro de xogadores coa chegada de Alejandro, futbolista que leva tres anos afastado dos terreos de xogo e que pasou pola base do Viveiro, CD Lugo e do propio conxunto da Marosa. O cadro verde tamén anunciou a fichaxe de Borja, como xa adiantamos no episodio 526, fillo do mítico Valú, e que chega procedente do Racing Vilalbés B, chegando a debutar co primeiro equipo na Terceira RFEF.

Precisamente no Racing Vilalbés B temos as novidades da Primeira Futgal. Asier Lozano retorna ao cadro chairego para ser o segundo adestrador do filial, acompañando a Iván Lamas. Ademáis axudará na cordinación da base. Chega ao club logo de tres temporadas á fronte do Rioaveso.

Dous gardametas son protagonistas na Segunda Futgal. Ivo, logo de nove temporadas no Santaballés, troca de aires sen saír do concello de Vilalba, para defender a portería do Goiriz. Pola súa banda, un arqueiro cun futuro prometedor, Rispa, deixa o Mondoñedo por motivos académicos. David seguirá no Viñas da Veiga un curso máis. O Catro Roldas asinou a contratación do defensa Bochi, que retorna así á Canteira onde xogou tres temporadas antes do seu paso polo Abadín na última campaña.

O Meira anunciou a renovación do mediocentro Roi e do lateral Manchev. Ámbolos dous cumplirán a segunda temporada na Lomba. Tamén seguirá un ano máis no conxunto meirego o veterán Jorge, que cumprirá corente anos durante a vindeira campaña. Pola súa banda o Chantada B contará con Rodrigo Amarante como novo adestrador. Xa formou parte con anterioridade da base dos chantadinos e estivo á fronte do Carballedo.

Xa na Terceira Futgal, o Celeiro terá de novo como máximo responsable técnico a Martín Rodríguez, con Carlos Yen de segundo adestrador. Retorna ao conxunto viveirense Dani Liz logo de dúas temporadas defendendo as cores do Xove Lago. Sen saír da Mariña, o Río Ouro segue incrementando a súa nómina de xogadores. Hugo Veiga e Gabriel Castro ‘Gabi‘, dous futbolistas que medraron na base do club, formarán parte do cadro sénior.

Diario dun mercado. Episodio 537

A Primeira Futgal lucense xa ten o

Diario dun mercado. Episodio 537

Diario dun mercado. Episodio 537