Diario dun mercado. Episodio 525

Comezamos un diario capicúa cunha triste nova na portería da Reigosa, pois Isa Martín deixa de ser gardamallas do PM Friol. A súa última participación de curto na provincia foi no VI All Star Futbolinlugo o pasado 28 de xuño. No fútbol masculino, o central Édgar Redondo debutará na Segunda RFEF logo de acadar o ascenso co Arosa SC. Hugo Díaz, pola súa banda, cambia o CD Lugo ‘B’ por outro club conveniado, a Sarriana.

Tamén chegan xogadores desde a canteira albivermella ao Viveiro. Os de Cantarrana incorporan a Izan Serrano, defensor zurdo procedente do Polvorín, e a Raúl Ferreiros, outro zagueiro que comezará a súa etapa sénior vestido de celeste logo de grandes números na División de Honra Xuvenil.

A Chaira concentra os movementos deste diario

Na Preferente, o Lemos anunciou as renovacións do xogador Álex Lamus e do preparador físico Marcos Otero. Os da Pinguela dan así continuidade a un proxecto que pretende asaltar a Terceira RFEF. Por outra banda, hai moitas novidades na Primeira Futgal, especialmente na Terra Chá. O Outeiro de Rei comunicou a renovación de 16 xogadores, sendo os últimos en anunciarse Iván Navia, Ily, Gabri Santeliz e Dani Debasa. Este último compartirá equipo co seu irmán Alejo.

diario
Lamus continúa no Lemos, ao igual que o PF Marcos Otero

O central Xabi Tubío, pola súa banda, volve á estrutura do Racing Villalbés. O de Matela chega ao filial logo de saír mediada a campaña pasada ao Riotorto, cando aínda estaba en idade xuvenil. Preto de alí, o recén ascendido Catro Roldas buscará a permanencia na Segunda. Para iso, os do Catro Ventos renovan a Santi Cazás, que cumpre o seu sexto ano no club. Tamén o Abadín reforza o seu cadro coa chegada do defensor Dani Díaz, que vivirá a súa primeira experiencia sénior tras saír da base do Racing Villalbés. Ademais, Vigo e Tucho continúan no Municipal.

O diario ten moito movementos nesa zona e, na mesma categoría, o Xermade está a manter un cadro sólido, pois vén de anunciar a continuidade do porteiro Juan Gómez ‘Juanxo‘. O Ferreira fai o propio tras asegurar ao atacante David García ‘Chomi’, que xogará por segundo ano consecutivo no Baliño. Por último, o mediocentro da Pontenova Borja Lombardero seguirá no Real Tapia. O talento mariñán vivirá a súa segunda temporada no club asturiano, que milita na Terceira Asturfútbol.

Diario dun mercado. Episodio 525

Diario dun mercado. Episodio 524

Diario dun mercado. Episodio 525

Diario dun mercado. Episodio 525