A sexta edición do All-Star Futbolinlugo non só será recordada por todos os grandes momentos que se deron no céspede, se non que quedará na memoria para toda a vida dos homenaxeados por toda a súa carrera no noso fútbol. A Pastoriza foi o lugar onde algunhas das grandes figuras dos campos lucenses remataron os seus camiños, como foi o caso de Javi Pita, Raúl, Regueira, Hugo e Dani Roca. Ademais, tamén houbo moitos premios que se deron durante toda a xornada e uns pinchos na cantina que encheron o estómago dos asistentes.
Homenaxes que perdurarán para sempre















