#All Star Futbolinlugo #Social

Futbolinlugo presenta o resumo do VI All Star Pastoriza 2026

Dez días despois de que Futbolinlugo organizara a sexta edición do All Star en Pastoriza, presentamos a peza audiovisual que recolle o máis importante do vivido o 27 de xuño no Acebreiro. Trátase dun resumo de dous minutos elaborado pola axencia de marketing de contidos Nórdica e que xa se pode ver na nosa canle de YouTube e nas nosas redes sociais.

Como xa detallamos na crónica do evento, o All Star volveu unir a algúns dos mellores xogadores e xogadoras da provincia. A festa de fin de temporada do fútbol afeccionado lucense tivo nos resultados dos partidos o dato máis anecdótico da xornada, porque o máis importante foron os reencontros, os contos e o goce.

A novidade principal desta edición foi a presenza dentro dos seleccionados de futbolistas que xogaron este curso na Terceira RFEF. Alberto Lamas ‘Make’ e Dani Pedrosa formaron parte do partido das estrelas entre os integrantes da Preferente e Terceira Futgal ante os que militaron esta tempaa na Primeira e Segunda Futgal.

Este encontro xogouno Javi Pita, que deixou o fútbol o pasado Nadal. O porteiro do Vicedo puxo fin a súa traxectoria no Ribadeo e tivo a súa despedida no All Star, onde se reencontrou con ex compañeiros como Make ou Álex Pérez. Os tres protagonizan a foto de portada desta noticia.

Ademais da de Javi Pita, tamén tivemos un capítulo especial para as despedidas do tamén gardamallas Hugo López, Dani Roca, Miguel Regueira e o pastoricense Raúl Sanjurjo.

No encontro feminino, cumpriuse a sexta participación de Nuria Louzao, xogadora do Antas, neste evento. A futbolista ulloá amosou unha vez máis o seu compromiso con Futbolinlugo, que recoñeceu unha vez máis a súa temporada e a do seu equipo.

Neste evento tivemos a oportunidade de contar con Ana Buceta como adestradora. A futbolista aínda en activo e unha das referente do fútbol feminino galego. Ascendeu á Primeira División no histórico Olivo de Vigo e formou parte durante varias tempadas do Levante no máximo nivel do fútbol feminino español.

Estes son algúns dos nomes propios dun All Star que reuniu a máis de sesenta futbolistas e adestradores con tres vínculos en común: a súa paixón pola fútbol, a súa relación coa provincia de Lugo e o seu respecto polo traballo que organizamos en Futbolinlugo. Agardamos que esta pequena peza audiovisual vos faga sentir tan orgullosos coma nós de poñer en alto o balompé afeccionado lucense.

Tal e como reivindicamos o 27 de xuño en Pastoriza, co All Star tratamos de unir ao fútbol lucense nun momento delicado, no que o seu futuro está en dúbida, principalmente, ante as noticias de desaparicións de numerosos clubs. Sabemos que neste evento non sempre somos xustos. Hai máis futbolistas que merecen estar e máis xogadores que deberían levar a súa homenaxe, pero non damos chegado a todo. Tentaremos seguir coa nosa actividade diaria a través desta web e das redes socias dándolle o oco a todos os protagonistas desta paixón.

Queres vestir como un auténtico All Star? Pide a túa equipación ou camisola

O deseño de cada camiseta para o All Star Futbolinlugo é tendencia cada verán. De feito, cada vez se ven máis polos ximnasios, polas praias ou polas rúas. Desde a terceira edición en Mondoñedo, e atendendo á demanda unha vez máis, poñemos en venda as camisetas que conmemoran a gran festa do fútbol lucense.Neste caso, a roupa correspondente a VI edición, que acolleu o campo do Acebreiro en Pastoriza.

Valen como recordo, valen como agasallo ou valen para o que cada un queira. Podes adquirir unha equipación exclusiva que creamos en colaboración con Deportes A Chaira e Spall, empresas líderes no seu sector. Podes escoller entre mercar tan só a camiseta ou a equipación completa (camiseta e pantalón, sen medias) de calquera das indumentarias que estiveron presentes no VI All Star. Ademais, a túa escolla será completamente personalizable: nome e dorsal irán incluidos de balde!

O prezo é de 32 euros a camiseta e 45 a equipación completa. Velaquí un exemplo de cada unha das prendas:

Iso si, a edición é limitada. Tes ata o 15 de xullo para reservar a túa a través do seguinte formulario: pincha aquí. Lembrade cubrir todos os espazos requeridos. Grazas polo gran número de reservas anticipadas e pola gran acollida que sempre ten o noso evento.

Futbolinlugo presenta o resumo do VI All Star Pastoriza 2026

Diario dun mercado. Episodio 520