#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Borja Mella (C.D. San Ciprián): «Somos un equipo con moita marxe de mellora»

Logo dun preocupante comezo de temporada, no que os resultados non acompañaron,  dous triunfos nas últimas tres xornadas, fan que o C.D. San Ciprián saia dos postos de perigo e afronte o último tramo da primeira volta con máis tranquilidade. Ademáis con troco de adestrador de por medio, logo da saída de Chusky dirección Cantarrana, Tomás Costa fíxose cargo do equipo, polo momento con moi boas sensacións.

Fálanos da situación do C.D. San Ciprián e da súa propia, o goleador do equipo: Borja Mella. Logo de debutar en Terceira co Ribadeo FC e ser pichichi de Primeira Autonómica o pasado ano, decidiu continuar no equipo do seu pobo, e esta pasada xornada contribuiu cun doblete á victoria do seu equipo no campo da Veiga ante o Xermade.

FUTBOLINLUGO: Boas Borja. Tras un mal comezo de temporada en canto a resultados, agora parece que as cousas melloran. Como valoras a traxectoria do equipo nestas trece xornadas?

BORJA MELLA: Ola. Considero que somos un equipo con moita marxe de mellora, xa que, somos un grupo moi xoven. No que levamos de liga creo que temos que mellorar no aspecto defensivo, concedemos moitos goles e non conseguimos deixar a portería a cero en ningún encontro. Aínda que nestes últimos partidos estivemos mellor, temos que seguir facéndoo.



FIL: Marchou Chusky e chegou Tomás. Como lle afectou ao equipo o troco de adestrador?

BM: Creo que nos afectou para ben, xa que, algo novo sempre che da máis motivación e ganas para facer as cousas.

FIL: Xa son varias as temporadas do equipo en Primeira Autonómica. Ten que ser moi importante manter a categoría para o pobo de San Cibrao.



BM: Si, son varios anos nesta categoría. Ademáis de ser moi importante para este pobo, destacaría a dificultade de facelo. Non é posible dispoñer dos xogadores que queres nun pobo pequeno. A min persoalmente paréceme moi bonito defender o equipo do meu pobo e agardemos poder seguir nesta categoría moitos anos máis.

FIL: Como ves o nivel da categoría? Varios equipos están chamados a loitar pola permanencia. A quen inclúes na loita?

BM: Pois eu incluiría a tódolos equipos. Vexo una Primeira moi competitiva e moi igualada, na que calquera che pode gañar en calquer momento.

Borja Mella, o 9 do CD San Ciprián

FIL:  A nivel persoal, como está indo a temporada?

BM: Creo que está indo ben. Sei que non é a posición que queriamos estar, pero os resultados non nos acompañaron por diferentes motivos. Sobre min, estou adestrando ben e atópome moi ben físicamente. Hai partidos nos que non teño sorte de cara a gol, pero sei que adestrando e con confianza chegarán seguro.

FIL: A temporada anterior fuche pichichi da categoría e seguro que che chegaron ofertas. Que valorache pra seguir en San Cibrao?

BM: Valorei que xogar cos que considero amigos meus é algo especial. Persoalmente pásoo moi ben e iso faime moi feliz.

FIL: Debutache moi xoven en Terceira co Ribadeo. Serviuche como unha experiencia positiva para os momentos actuais?

BM: Sen dúbida. Foi unha experiencia única, a cal voltaría facer sen pensalo. Xoguei en campos incribles, con e contra xogadores doutro nivel, e iso serviume para formarme moito máis como xogador.

Borja Mella (C.D. San Ciprián): «Somos un equipo con moita marxe de mellora»

Qué ver esta fin de semana? (2-3

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *