Tan só 17 anos. E xa é un dos habituais no primeiro equipo do Monterroso, militante na Primeira Autonómica. «Rulo», como agarimosamente lle chaman os seus compañeiros e amigos, xa sabe o que é anotar nunha competición sénior, e incluso levar o peso do xogo nas súas botas.
Versátil, técnico, traballador… son algún dos calificativos que poden definir a un xogador que disputa dous partidos case todas as semanas. Hoxe, falamos con Rulo para coñecer un pouco máis sobre el e sobre un rapaz de tan curta idade leva o adestrar e o xogar con audultos.
FUTBOLINLUGO: Ola Raúl. Para comezar, como se sente un rapaz de tan só 17 anos xogando en Primeira Autonómica?
RAÚL: Moi ben, os compañeiros fixeron que a adapatación á categoría fose moi sinxela, estou moi contento.
FUTBOLINLUGO: De feito, xa levas algún gol na túa conta particular. Imaxino que será un orgullo anotar para o equipo da túa vila na que é unha gran competición…
RAÚL: Desde logo, é todo un orgullo meter goles no equipo da vila. Desde que eres pequeño, baixas domingo tras domingo a Cerdeiriños e soñas con meter goles algún día nese campo.
FUTBOLINLUGO: Cales son os obxectivos do equipo sénior nesta campaña?
RAÚL: Trataremos de estar arriba e loitar por todo ata o final.
FUTBOLINLUGO: Falando agora dos xuvenís, cos que tamén xogas partidos. Como é o ambiente no vestiario?
RAÚL: Moi bo. O grupo é fantástico. Moitos levamos xuntos desde moi pequenos e, polo tanto, estamos moi unidos.
FUTBOLINLUGO: Cales son os obxectivos, entón, do equipo xuvenil?
RAÚL: Os obxectivos son traballar moi duro pola semana e competir sábado tras sábado.
FUTBOLINLUGO: Imaxínaste nunha categoría superior nos próximos anos?
RAÚL: Non pensó niso, Estou desfrutando moito deste momento.
FUTBOLINLUGO: Moitas gracias por atendernos, Raúl.
RAÚL: A vós.