#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Aday Alcalde (Lugo B): «A adaptación é máis doada con este grupo»

Aday Alcalde, Lugo B

O Lugo B conseguiu un bon inicio da tempada na Terceira RFEF con catro puntos de seis posibles antes da súa visita ao Arousa deste domingo. Os de Dani Galán mantéñense fortes nun ano de moitas novidades, xa que o proxecto é completamente novo e marcado por diferentes apostas que se saíron moito do radar ao que acostumaba o filial albivermello. Xuventude si, pero saíndose moito do radar das perlas do fútbol galego.

Eso saíulles ben cun nome, Aday Alcalde. O extremo de Valladolid que chega desde o Albacete tivo o inicio perfecto, dous goles en dous partidos que o fixeron arrincar como o máximo goleador da liga. O xogador pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo desta semana e enfrontouse ás preguntas de Álex Gato, presentador do programa, e Eros López, redactor de Futbolinlugo. Na entrevista falaron da súa adaptación, o proxecto do Lugo B e o soño do primeiro equipo entre outros temas.

Entrevista a Aday Alcalde, do Lugo B

Partido ante o Atlético Arteixo: «Fixemos bon o punto ante o Noia, foi un partido complicado no que na primeira parte soubemos facer dano ao rival e no que tuvimos que aguantar en la segunda para ganar».

Adaptación: «A verdade é que estou moi ben, tanto os compañeiros como o corpo técnico fan todo moito máis sinxelo. Estou moi cómodo en Lugo».

Dani Galán: «Sorprendeume moito. Traballa moi ben con todos nós e prepara o encontro moi ben. Ten unhas ideas que me gustan moito e que penso que son idóneas para este tipo de equipos. Os filiais son moi similares entre eles, pero creo que temos un grupo moi novo que é a diferencia con outros. Iso fala moi ben do club, que se atreve a dar esas oportunidades».

Primeiro equipo: «Trato de xogar ben co filial e estar tranquilo, que é o que da oportunidades. O primeiro equipo sempre está na cabeza, pero non me presiono».

Obxectivo: «Eu son moi ambicioso e creo que o equipo e o corpo técnico está preparado para poder loitar por entrar no play off».

Aday Alcalde (Lugo B): «A adaptación é máis doada con este grupo»

Un derbi para calibrar o comezo de

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *