#Primeira Futgal #Fútbol afeccionado

Os lucenses da Primeira Futgal repártense en dous grupos

Non é a primeira vez que a Primeira Futgal conta con representación lucense en máis dun grupo. Sen ir máis lonxe, as particulares circunstancias da pasada campaña tiveron á Milagrosa competindo en Vigo. Porén, este curso 2025/2026 a división atende a criterios xeográficos. O Brollón, recén ascendido, competirá na provincia de Ourense por manter a categoría.

O Brollón é o único equipo da Primeira que competirá fóra de Lugo

O cadro dirixido por Chura competirá así nun grupo cuxo nivel é incerto, pero no que se atopan rivais de gran entidade: o Velle, o Verín, o Polígono ou Nogueira de Ramuín parten como favoritos. Os dos Medos, pola súa banda, tratarán de facer do seu feudo un fortín e sacar puntos para asentarse na Primeira. O debut terá lugar este domingo no Pereiro de Aguiar ante a SD Melias.

O resto de clubes lucenses quedan encadrados no tradicional Grupo 3, do que se agarda un nivel moi alto. Os descensos de Ribadeo e Escairón deixan dous candidatos claros ao ascenso, pero a eles cómpre sumar tamén outros que xa coquetearon co salto de categoría: Castro, Residencia ou SD Chantada.

Ao tempo, varios conxuntos consolidados na categoría queren dar un paso adiante: Monterroso, Santaballés, Taboada, Chantada Atlético, Outeiro de Rei, Xove Lago ou Foz están chamados a competir cada punto en xogo. Xunto a eles, a Milagrosa chega nun gran estado de forma logo de competir nun grupo moi esixente na 24/25.

O Brollón podería xogar na Primeira Futgal de Ourense
O Brollón finalmente xogará na Primeira Futgal de Ourense

O ascendido Iberia non quere pasar apuros e fará das Valgas un dos campos moi complicados de toda a provincia, mentres que os seus veciños do Lourenzá reforzáronse para non pasar apuros. Guntín e Oural fixeron o propio e non pensan dar ningún partido por perdido, mentres que o filial do Racing Villalbés xa está asentado na categoría e segue formando xogadores de moito talento para o primeiro equipo.

En poucas palabras, o Grupo 3 da Primeira Futgal promete un nivel moi alto, que lembra ao que había anos atrás: os estadios mariñáns e os do sur da provincia serán pisados por xogadores de moita calidade, que ademais están adestrados por verdadeiros profesionais deste deporte. O paso das xornadas definirá con máis precisión o obxectivo de cada equipo, pero a emoción está servida nos nosos campos.

Os lucenses da Primeira Futgal repártense en dous grupos

Diario dun Mercado. Episodio 498

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *