#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal #Primeira Futgal #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 483

Comezamos este novo episodio de domingo do noso Diario cunha importante fichaxe na Sarriana. Trátase de Iago Parga, un vello anceio do club que logo do ascenso a Segunda RFEF fíxose realidade. O sarriao, formado na base do RC Deportivo, chega á Ribela para reforzar a zaga na que pode ocupar o posto de central ou lateral zurdo. Na última campaña militou nas filas da Ximnástica de Torrelavega e tamén conta con experiencia na categoría en conxuntos como o Guijuelo, Bergantiños, Polvorín ou Peña Deportiva.

Tamén reforza a súa liña defensiva o Viveiro coa chegada de Yanike Tenkou. Xa coñecido na nosa provincia logo de xogar a primeira volta da última temporada na Sarriana, o defensor que tamén pode ocupar un posto no medio centro, chega procedente do Valdepeñas da Terceira RFEF Castelán Manchega. Militou con anterioridade nas filas do Trival Valderas ou Talavera B.

O Pol confirmou a renovación do seu killer Fernando Cuadrado, un seguro de gol para os de Labrada. O lucense asinou once dianas logo de chegar ao Municipal na segunda volta de liga.

O Escairón continua sumando pezas para o seu novo proxecto en Primeira Futgal baixo a batuta de Omar Gómez. Antonio, Ospina e Nicolás Rodríguez seguen un ano máis no cadro do Saviñao. No Santaballés contarán na nova campaña con Cabado.



Moitas novidades na Segunda Futgal comezando pola renovación do incombustible Manel nas filas do Goiriz. Cumprirá 52 anos e 24 temporadas no conxunto chairego. O defensor Jorge retorna ao Meira, o conxunto do seu pobo, logo de defender nas últimas campañas a camiseta do Muimenta. No Portomarín renova o capitán Sanfiz, así como Juanillo, que cumprirá a segunda temporada no conxunto miñoto. No Folgueiro xogará Iker Castrillón, xove gardameta recén saído do xuvenil da SD Viveiro. O Ferreira asinou ao atacante Antonio Víctor Rubeis ‘Toto‘, xogador de gran nivel para os de Manu Rodríguez. Procede do Chantada Atlético e xogou en Preferente nas filas do Lemos ou Escairón.

No Mondoñedo seguirá como adestrador Setxo. O de Trabada cumprirá a segunda campaña no Viñas da Veiga. Non poderá contar co gardameta Xes e o central Iván Croa que causan baixa no candro mindoniense. No Abadín tampouco continuará Rico. O Catro Roldas segue sumando pezas ao seu novo proxecto. Román xogará no pobo que leva o seu nome logo dunha primeira campaña na que as lesións lle privaron de contar con máis participación.



Diario dun mercado. Episodio 483

Diario dun mercado. Episodio 482

Diario dun mercado. Episodio 483

Diario dun Mercado. Episodio 484

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *