Simbiose futbolística. Non hai mellor termo para definilo. Esa é a relación que manteñen a SD Monterroso e Pablo Novoa ‘Cañón’ (Chantada, 1991). Unha unión da que ambos saen claramente beneficiados. O clube da Ulloa conta así cun defensa da garantías para unha posición na que andaba necesitado de efectivos. O xogador, cun equipo de garantías logo dunha longa e complicada lesión. Porque Cañón xa se volve sentir futbolista. Despois de máis de dezaseis meses parado, o zagueiro chantadino regresou ao verde en Bóveda. Foi o primeiro cambio dos de JC Rodríguez e disputou preto de corenta minutos no Hermanos Somoza. Por esta razón, Futbolinlugo quixo falar con él. Aquí, o resultado da conversa!
FUTBOLINLUGO: Boas Pablo! Qué tal? Como foi esa volta aos terreos de xogo?
CAÑÓN: Moi desexada, foi ben. Despois de tanto tempo, evidentemente… Meses agardando isto… Levaba un ano e medio, dende xullo do ano pasado. Sentinme cómodo, levaba tempo preparándome para poder incorporarme de novo. Entón foi como habitualmente.

FIL: Falemos desa lesión. Como e cando te mancaches?


CAÑ: A lesión sucedeu en xullo do pasado ano. Xogando ao fútbol, nun torneo de verán, fisurei un metatarsiano. Despois de varias recaídas tiveron que operarme finalmente. Hai cinco meses.
FIL: Deixaches Lalín por Monterroso. Como se produciu a túa chegada a Cerdeiriños?
CAÑ: Por circunstancias. Estou estudando en Lugo e o adestrador é de alí. Por comodidade e porque xa coñecía a algún dos xogadores que están en Monterroso. Foi un cúmulo de circunstancias.

FIL: Como ves ao equipo e ao equipo dentro da Primeira Galicia?
CAÑ: Penso que temos un bo equipo para a categoría, aínda que este ano está bastante reñida. Se nos respetan as lesións podemos facer unha boa campaña. O ano pasado xa estiveron aí
FIL: Unha boa campaña é estar na zona alta ou buscar algo máis?
CAÑ: Eu diría que podemos loitar polo ascenso.
FIL: Grazas por atendernos Pablo!
CAÑ: A vós! Un saúdo!