O Goiriz, primeiro equipo ascendido a Segunda Futgal

O Goiriz xa é equipo de Segunda Futgal

O Goiriz converteuse nesta xornada no primeiro equipo do fútbol lucense en ascender de categoría. Os pupilos de Veiga acadárono tras unha vitoria ante o Matela por 0-2 na que Cornide e Héctor Moure foron os heroes do ascenso. Todo tras unha tempada excelsa na Terceira Futgal con 15 victorias, un empate e unicamente unha derrota. Ademais, as estatísticas falan de que o Goiriz foi o conxunto máis goleador, 66 tantos a favor, e o que menos encaixa xunto co Castroverde, 15 goles.

Un Goiriz marcado polo traballo e a continuidade

O conxunto que comezou a dirixir esta tempada Manuel Veiga, da man de Cora, que estivo no cargo durante varios anos no clube, mantivo unha identidade clara de proxecto. «O equipo xa estaba feito e metín unhas ideas que aceptaron perfectamente. A suma de varias cousas xa deu a consecuencia do ascenso«, afirmou o técnico. Ademais, apuntou que a chave foi «moito sacrificio e traballo. Tanto nos adestramentos coma nos partidos o equipo nos daba todos.

Os xogadores tamén apuntaron que «o grupo foi primordial por subir e o compromiso de todos foi a clave para poder conseguir o ascenso. Non tivemos momentos malos ao longo do ano», afirmou Vizoso. Muñiz, quen logrou ascender co seu pai Manel, capitán do equipo e dono da banda esquerda, apuntou á «continuidade no proxecto do ano pasado cambiando o ciclo de anos anteriores. Non se dera conseguido o ascenso e cun par de pezas novas acadámolo». Tamén puxo en valor que ascender co seu pai e no equipo da súa vida é «todo un orgullo«.

Un encontro que reflectiu o que foi o curso

Todo ascenso ten un momento álxido e o do Goiriz foi a vitoria ante o Matela. Veiga transmitiu que «ao longo do encontro notouse que o ascenso estaba preto e foi un partido moi complicado. Tiñamos fallos que non temos normalmente pero polo feito de que o tiñamos na cabeza». Vizoso sumou ao seu adestrador que «levamos facendo contas varias xornadas pero sabíamos que estabamos preto. Tivemos encontros serios e este sacámolo con bastante solidez«.



Pero o traballo non está finalizado para o Goiriz. Tanto o adestrador coma os xogadores do equipo afirman que teñen as vistas en gañar unha liga moi igualada, xa que entre o clube e o Castroverde só hai tres puntos de diferencia. Todos queren «culminar o obxectivo do inicio da tempada», como afirma Vizoso sen pensar inda na seguinte categoría. Veiga admitiu que «inda non falamos moito da Segunda Futgal porque inda temos traballo que facer, mais penso que se o equipo manten o bloque pode loitar con calquera».

O Goiriz xa é equipo de Segunda Futgal

Pol e Lemos camiñan con paso firme

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *