Nova edición dos Máxicos, nunha semana que trouxo un Burela que se consolidou como líder sólido da categoría e a victoria no derbi da SD Chantada, ademais da primeira victoria do San Lázaro. Todo, contado da man de Salvatierra Abogados.
A Milagrosa imponse con claridade ao Goián (3-1). Un gol de cabeza de Christian no primeiro tempo valeulles aos albivermellos para chegar por diante ao descanso. Na segunda metade, a intensidade subiu e os Máxicos de Madriles aproveitaron unha indecisión visitante na área para anotar por medio de Juan, 2-0. Co segundo tanto chegou a mellor versión da Milagrosa, e o tercer gol. Xa cos puntos asegurados, o Goián fixo o tanto da honra, 3-1 no Gorgoso.
O filial do Racing vence con suficiencia na Pastoriza (0-3). Aos de Iván Lamas valeulles cun primeiro tempo de moi bo fútbol para anotar tres goles por medio dun Gabri que se está a consolidar como un dos xogadores de máis nivel da categoría. Na segunda metade, un Pastoricense que non baixou os brazos puido anotar cun xogo directo bastante efectivo, pero os chairegos defenderon ben e evitaron sorpresas no Acebreiro.
Outeiro de Rei e Guntín igualan nun choque parello (1-1). Os visitantes gozaron dun penalti no minuto 5′, pero Pacio detivo o lanzamento de Pérez. Tras iso, o Outeiro foi dominador do xogo e conseguiu o 1-0 por medio de Navia. Xa na segunda metade, os cambios deron aire fresco a un Guntín que gozou de máis ocasións e forzou unha nova pena máxima no 85′, nunha acción na que os Máxicos locais pediron fóra de xogo. Nesta ocasión, Tomás non errou e os puntos se repartiron no Municipal, 1-1.
O San Lázaro vence a costa dun ansioso Lourenzá (3-0). Os lauretinos dominaron o primeiro tempo, pero perdoaron numerosas ocasións e chegaron ao descanso co resultado inicial, 0-0. Os Máxicos locais medraron conforme foi pasando o partido e conseguiron o primeiro gol nunha indecisión da zaga visitante. A ansiedade xogou entón unha mala pasada a un Lourenzá que viu como os celestes fixeron dous goles máis e os tres puntos quedaron na capital.
A Residencia supera con claridade ao Foz no segundo tempo (0-3). Os Máxicos branquiazuis tiveron o dominio posicional na primeira metade, pero sen contar con ocasións. De feito, a máis clara foi para os focenses, que non acertaron a balón parado. Xa no segundo tempo, Pereira abriu a lata e, desde o 0-1, sucedéronse as ocasións. No carrusel de ida e volta, os capitalinos aproveitaron dúas transicións para levar os tres puntos cara A Cheda, 0-3.
Dominio do Burela en Cerdeiriños e na táboa (0-4). Logo dunha primeira parte moi competida entre ambos conxuntos, con chegadas para Monterroso e Burela, os mariñáns fixeron o 0-1 cun balón á espalda que rematou empurrando Iván. No segundo tempo, o Monterroso puido empatar nun tiro que petou no longueiro, pero Jairo Campo aproveitou a súa condición de killer para facer dous goles e encarrilar o choque para os seus. Finalmente, Jairo López anotou unha falta directa e o Burela levou os tres puntos cara A Marosa.
Tan só Milagrosa e san lázaro venceron na casa nesta edición dos máxicos
O Santaballés supera ao Meira na estrea da Lomba (1-3). O Santaballés saiu airoso da visita a un Meira sempre complicado, especialmente no seu feudo. Novás fixo o 0-1 a prol dun Santaballés que neutralizou o xogo directo dos locais na primeira metade, pero os Máxicos locais deron un paso adiante no segundo tempo. Froito diso, Erik fixo un golazo de falta directa para igualar (1-1). Os chairegos, porén, non se viñeron abaixo co empate e anotaron o 1-2 logo dun centro lateral, de novo obra de Novás. Farra tivo a opción de empatar cun remate de cabeza, pero o 1-3 definitivo chegou nunha pena máxima logo dunha transición.
O Castro vence con sobriedade en Xove (0-3). A superioridade visitante fíxose notar ao longo dun primeiro tempo no que os Máxicos locais apenas tiveron opción e o Castro anotou dous goles (Hugo Buide e Alvarito, de penalti). Na segunda metade, un voluntarioso Xove deu un paso adiante na procura dun gol, pero o bo exercicio defensivo dos de Dumi valeulles para manter a portería a cero e anotar o definitivo 0-3 nunha boa transición.
Taboada e Oural asinan táboas na Medela (2-2). Os locais foron mellores na primeira metade, pero non concretaron con goles o seu dominio diante dun Oural que buscou contragolpear. Sería o segundo tempo o que traería as emocións fortes: os sarriáns volcáronse máis no ataque e puxeron o 0-1 por medio da combinación Mario-Ospina, pero o Taboada foi quen de empatar logo dun saque de esquina. Na recta final, os de Martín Murado fixeron o 2-1 nunha falta lateral e, no engadido, Pandiscia fixo un golazo para poñer o 2-2 que sería definitivo. Así, pechouse un partido igualado e vistoso na Medela.
Victoria da SD no derbi do Sangoñedo (1-0). A SD priorizou o xogo con balón e o Chantada Atlético a organización defensiva. Pedro errou un man a man na primeira metade, pero Manu adiantou aos seus ao comezo do segundo tempo. Co resultado adverso, o Atlético deu un paso adiante e apretou aos seus rivais con accións a balón parado e centros laterais, pero a boa defensa dos de Traste valeulles para manter o resultado, que puideron ampliar tamén nalgunha transición.