Dúas competicións son as protagonistas na recta final da temporada 2023/2024 na Segunda Galicia. A eliminación na loita polo ascenso dos tres equipos que tamén estaban clasificados para as semifinais de Copa Deputación, permiten adiantar o torneo copeiro. Con todo, a semifinal mariñá entre o Iberia e a Candelaria non se xogará ata a segunda fin de semana de xuño. A final celebrarase o 16 de xuño. Previsiblemente coincidirá coa final da competición de Primeira e Preferente.
Foto de portada: David Rodríguez
Final polo ascenso á 1ª (ida)
- San Ciprián – Racing Villalbés B (dom. 2 ás 18:00 h na Veiga)
- San Lázaro – Brollón (dom. 2 ás 17:00 h nas Gándaras)
Semifinais Copa Deputación 2ª + 3ª (partido único)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
- Becerreá – Friol (dom. 2 ás 18:00 h no Municipal)
- Iberia – Candelaria (dom. 9 ás 17:30 h nas Valgas)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/05/WhatsApp-Image-2024-05-28-at-12.04.13-1.jpeg)
A maior efectividade do Sanci desequilibrou a balanza co Iberia (0-1, global: 0-4)
O conxunto de San Miguel de Reintante tentou saír coa mentalidade de remontada. Dominiou os primeiros minutos con claridade. Con todo, as súas aspiracións viñéronse abaixo co gol do Sanci. Fustes marcou dende fóra da área tras un córner.
Os locais tiveron ocasións tamén no segundo tempo, pero non foron capaces de bater a portería rival. A eliminatoria foi moito máis igualada do que marca o resultado global. A gran efectividade do Sanci, especialmente no encontro de ida, foi totalmente diferencial no devir do cruce.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)
Joao non poderá ser da partida para Jaime Méndez na ida da final. Foi sancionado cun partido por dobre amonestación.
O Folgueiro marcou tres goles pero non foi suficiente co Racing B (4-3, global: 6-3)
O equipo do Vicedo non se aminorou na Fonte e logrou igualar a eliminatoria cedo. Un dobrete de Aurelio equilibraba o resultado en contra da ida. Con todo, se algo ten o filial racinguista tamén é gol. Especialmente Gabri Blanco, o futbolista de Burgás anotou un hat trick que impediu que o terceiro tanto do Folgueiro servise de algo.
O Brollón – Friol decidiuse na prórroga (2-1, global: 2-1)
Sen dúbida, foi o encontro con maior ambiente das semifinais polo ascenso á Primeira. Os Medos xa responden o resto do ano, pero superáronse neste encontro, facéndolle honra as declaracións de Adrián Castañer en Futbolinlugo. Coa bancada chea e con bastante xente tamén ao redor do campo. saltaron os xogadores ao céspede.
Con todo, a situación semella que lle beneficiou a un Friol que saíu mellor. Dominou o medio do campo, chegou con perigo e mesmo marcou un gol que finalmente foi anulado.
No segundo tempo, os locais gozaron de máis posesión da pelota, o ritmo alto do rival descendeu con respecto ao primeiro tempo e chegaron os goles. Púxose por diante o Brollón a través de Nico que superou nun man a man ao porteiro rival.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/12/senmas3.jpg)
Os visitantes non se viñeron abaixo e Lucky lograría o empate pouco despois. Coa igualada rematou o tempo regulamentario. Na prórroga o Friol puido marcar a contra, pero foron os pupilos preparados por Chura os que lograron o segundo. Nun saque de curruncho, prolongou Miguel e Tourón anotou. Logo de encaixar, o cadro friolés dispuxo de ocasións para volver igualar pero non tivo o acerto de cara. Agora tratarán de ir a pola Copa xogando primeiro as semifinais en Becerreá.
O San Lázaro sufriu no último tramo en Becerreá (2-1, global: 2-3)
Os pupilos de Javi Gómez entraron ao campo coa idea da remontada. Con todo, o rival marcou moi cedo a través de Yelko. O tanto fíxolles dano aos locais que non lograron chegar con moito perigo á portería contraria.
SI o fixeron no segundo tempo e conseguiron marcar dous goles por medio de Xairo e Kevin. Tiveron máis ocasións para lograr o terceiro tanto que lles permitiría xogar un tempo extra. Ese gol non chegou e o San Lázaro xogará a final co Brollón. Pola súa parte, o Becerreá volverá desputar outra semifinal no Municipal, a de Copa co Friol.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/05/SEGUNDA-SUR-XORNADA-23-5.png)