Sempre advertimos que cando o Mercado comeza, non hai volta atrás. Así que hoxe toca outra ración de Diario dun mercado.

Iniciamos o noso repaso ao fútbol provincial na capital, onde onte se confirmou un segredo a voces. O xa exdefensa do Racing Villalbés Nathaniel deixa a disciplina chairega para incorporarse ao CD Lugo por dúas campañas. En pouco máis dun ano, o futbolista nixeriano pasou de xogar no Pol de Primeira Galicia a facelo no máximo expoñente do balompé lugués.
O central Quico González tamén deixa a zaga do Racing Villalbés baixo mínimos. O defensa vilalbés volverá xogar nas Illas Baleares. Ficha no Penya Deportiva de Ibiza en Segunda Federación. Xa militara dúas tempadas no Formentera con anterioridade.

Baixamos á Preferente! O gardamallas monfortino Álex López causa baixa no Montañeros coruñés. Xa na Primeira, o preparador Ángel Merino non seguirá en Taboada por motivos laborais. Os mesmos que lle obrigan a deixar o Sportung Lucense.


Seguimos pola Segunda Galicia. O técnico Isaac Rouco renova no Cabreiros despois do seu espectacular rendemento tras chegar a A Acea despois do Nadal. No San Roque traballan arreo neste mes de maio. Jano e Caillou manteranse como dúas das pedras angulares dun proxecto que perde ao mediocentro Andrés.
Por último, na Terceira Galicia, Asier Lozano volverá dirixir ao Rioaveso. E estará de novo acompañado no banco por un dos nosos barbeiros de confianza: Carra.
