#Entrevistas #Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

O ascenso máis especial no Acebreiro

O Acebreiro viviu o pasado domingo un día histórico. A UD Pastoricense retornou á Primeira Galicia un ano despois do seu descenso. A victoria ante a Comercial (4-0) confirmou o éxito nun ano formidable para o cadro de Basi, que chegara ao equipo no verán de 2023.

O último dos goles do partido que ratificou o ascenso foi anotado por Daniel García Teixeira (Bretoña, A Pastoriza, 1993). O seu irmán Diego García Teixeira (tamén nado en Bretoña, A Pastoriza, 1993), que acababa de saír substituido do verde, celebrou o tanto desde a banda con moita emoción, pois detrás dese tanto se agocha unha historia conmovedora.

O ano pasado, a Dani foille diagnosticado un cancro no cuádriceps que podería mantelo afastado do terreo de xogo durante moito tempo, pois tivo que ser intervido na perna para extirpar a enfermidade.. De feito, o airete non sabía se volvería xogar ao fútbol.

Porén, o de Bretoña sobrepúxose á doenza e, co apoio dos seus, puido celebrar o ascenso da UD desde dentro, xunto ao seu irmán e compañeiro de vestiario. Aínda por riba, foi quen de anotar un dos goles do pasado domingo na festa do Acebreiro. Hoxe falamos en estéreo cos dous irmáns para coñecer como viviron a temporada tanto a nivel colectivo como a nivel individual e familiar.



Futbolinlugo: Aínda hai resaca emocional?

Diego García: Aínda estamos eufóricos. Foi unha temporada moi disfrutada, moi bonita e moi celebrada este domingo no Acebreiro. Tivemos a sorte de poder celebrar o ascenso na casa

Fil: Foi un ano inmellorable a nivel deportivo.



Dani García: Si, tan só dúas derrotas en toda a temporada e na casa non perdemos ningún. Estivemos gran parte da temporada líderes, segundos, terceiros… loitando con Iberia e Villalbés, que fixeron unha gran temporada pero tiveron a mala sorte de atoparse con nós.

Fil: E como o vivistes a nivel persoal?

Dani: Eu non sabía se ía poder volver xogar ao fútbol sequera. Pero tiven a sorte de recuperarme e comecei a axudar ao adestrador nas sesións de adestramento, aínda que non teño moita idea nin de adestrar nin de fútbol en xeral, eu xogo e o paso ben e pouco máis.

Ao final estaba fóra de forma, e a base de adestrar e facer deporte fóra do fútbol, fun tendo minutos e a final de temporada estaba en bastante boa forma, atopábame menos canso… Pero tampouco me considero máis importante, eu son un máis dentro do equipo, quero axudar ao equipo e nada máis, aínda que fose un logro para min…

Diego: Daniel di que non é importante, pero eu creo que hai un grupo de xogadores que levamos moitos anos pelexando por este equipo, con momentos de gloria e de sufrimento… Daniel estivo en todos eles, así que todos sufrimos o que el sufriu, ademais de que o botamos moito de menos cando non estaba, tanto no campo como no vestiario, porque el é un desas persoas que une moito ao grupo.

Foi espectacular que na xornada 5 xa estivese de volta e puidese aportar todo o que aportou, foi moi importante como xogador e como persoa este ano, e sempre.

Foto de familia da UD logo de acadar o ascenso no Acebreiro.

Fil: Houbo unha mestura perfecta de mocidade e veteranía no cadro de xogadores.

Diego: Si, o ano pasado sufriuse o que non está escrito no Acebreiro, con xogadores que levaban moitos anos competindo en Primeira… levabamos moito tempo pasándoo ben, e cando todos os veteráns estaban máis desanimados, chegaron estes rapaces que trouxeron aire fresco e formaron parte dun grupo que eles mesmos fixeron. Tiraron dos veteráns para animarnos e sacar adiante as cousas.

Fil: Conseguistes crear un grupazo, dentro e fóra do verde.

Dani: Ademas de ser grandísimos xogadores no campo, hai moitísimos anos que non hai un grupo tan unido. Falamos durante toda a semana, despois de adestrar os venres imos ao Luciano, antes eramos catro gatos, e para nós é como un símbolo de unión. Agora estamos 15 persoas mínimo ata a 1 da mañá xogando ás cartas… é unha marabilla, parece unha tontería pero esas cousas nótanse os domingos.

Fil: Estase mantendo no Acebreiro a unión coa xente da vila e o compromiso da xente nova da comarca?

Dani: Si, eu creo que os rapaces novos cada vez se sacrifican menos, ter o compromiso de adestrar dous días á semana, xogar o fin de semana… cando eu era xuvenil, matabamonos por xogar. Nunca fun moito de estudiar e sempre me amezaban con quitarme do fútbol porque sabían que era o que máis me fastidiaba, aínda que ao final sempre me deixaban ir (Diego ri).

Pero nós atopamos un grupo de rapaces que viven o fútbol igual que nós cando eramos pequenos e están tirando do carro.

Fil: Continuaredes vestidos de curto no Acebreiro na 24/25?

Diego: (ri) De momento non nos ofreceron a renovación, pero levamos toda a vida sen que nola ofreceran. Aínda que a tendencia dos últimos anos no meu caso era irse olvidando do fútbol, pero levabamos tempo sufrindo e con pouca xente, e hai que botar unha man. Co descenso xa era impensable deixalo, e agora co ascenso tampouco: non é só polo fútbol senón tamén polo grupo de amigos que temos no Acebreiro.

«FOI UNHA SORTE PODER CELEBRAR O ASCENSO NO Acebreiro»

Fil: Cambiando de póla, que equipo credes que ascenderá na promoción de ascenso?

Dani: O Iberia é un equipo moi forte que xogará co factor campo ao seu prol. Creo que é o favorito para acadar o ascenso, o Racing tamén ten moi bo equipo… Folgueiro e Sanci tamén son grandes equipos, pero o Iberia está un pasiño por riba na miña opinión: xogadores moi intensos, calidade, etc.

Diego: Coincido co meu irmán. O Racing xoga moi ben ao fútbol pero quizais pequen de inexperiencia ao ser tan novos, Folgueiro e Sanci son equipos moi semellantes ao noso, cun grupo unido que pelexa sempre… pero o Iberia foi o equipo que máis me gustou da categoría: xogadores experimentados e un bo grupo que procura o ascenso, para min é o favorito.

Dani (esquerda) e Diego (dereita) inmersos na festa do Acebreiro.
máxicos acebreiro

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *