Despois de catro xornadas na Segunda Galicia, dous dos representantes da comarca da Terra Chá dominan no grupo norte co liderato compartido entre o Guitiriz e o Cospeito, mentras que no sur o Chantada B comanda en solitario a clasificación.
No grupo norte, un gran número de goleadores luciuse nesta xornada, pero tamén destaca a solvencia defensiva do colíder da categoría, o Cospeito que sácalle a máxima rendibilidade aos seus goles grazas a que só leva encaixado un no que vai de competición. A diferenza goleadora é a que fai que o Guitiriz sexa o primeiro clasificado que derrotou a Candelaria por 1-4. Nun dos duelos estrela da xornada, Cabreiros e Pol realizaron un gran encontro de xogo e de goles que se resolveu nos últimos minutos e acabou en empate (4-4). O Burela e o Mondoñedo encadearon a súa segunda vitoria consecutiva ao derrotar a dous dos recén ascendidos, o Matela e o Ourol, respectivamente. O equipo ourolés é o único que non conseguiu puntuar. Tamén destaca a primeira vitoria do Folgueiro que deu a sorpresa e derrotou por 1-3 ao Lourenzá.
No grupo sur, Chantada B e Ourol son os únicos imbatidos, aínda que con dez puntos só queda o filial chantadino ao gañar pola mínima ao Santa Comba (1-0). Mentras tanto, o Oural é terceiro despois de empatar co Sporting Lucense (2-2). O Antas colleitou a súa segunda vitoria consecutiva e xa é segundo. Tamén venceron por segunda vez consecutiva os seus veciños do Monterroso B por 6-2 ante o Portomarín, que xunto co Rubián son os dous conxuntos que aínda non conseguiron gañar neste inicio de campaña, teñen só un punto. Pola súa banda, o Chantada Atlético e o SD Becerreá perderon os seus primeiros encontros neste curso.
Tareixa
04th Oct 2017Sería perfeto si se lesen os nomes dos once
Iván Calaza
05th Oct 2017Andamos mirando de solucionalo para que se vexa mellor, pero de momento é o que temos. Graciñas por lernos. Un saúdo!