#Entrevistas #Terceira Futgal

Martín Rodríguez, Celeiro: «Nestas categorías, o que funciona é a sinceridade»

A historia do Celeiro Club del Mar ten nome e apelidos. Martín Rodríguez Pardo liderou no verán de 2014 a un grupo de amigos para refundar un club que desaparecera décadas atrás. Desde entón, o viveirense leva dez anos á fronte do equipo: como secretario, director deportivo, adestrador…

Porén, todos os ciclos rematan. Fai unhas semanas, Martín comunicaba a súa decisión de deixar o club a finais desta temporada. Ademais, as labores de adestrador son asumidas agora por Borja, mentres que Martín pasou a un rol máis secundario ata o mes de xuño.

Futbolinlugo: Cóntanos que motiva as túas decisións.

Martín Rodríguez: 10 anos. Téñenme moi visto, penso que o club necesitaba un cambio, un revulsivo que aínda non chegou de todo. Pasamos agora o Alpe d’Huez, e temos partidos chave: Castroverde, Friol ‘B’… a ver se reaccionamos, é a nosa liga. Eu sigo de adestrador de iure e Borja está de delegado.



Fil: Manterás o vínculo co club na 24/25?

MR: Gustaríame continuar a miña andaina noutro lado, creo que o mellor para o Celeiro é o cambio no banquiño. Pero na directiva sí seguirei. Abriremos en torno o 14 de marzo o prazo para as candidaturas á presidencia, pero en principio seguirei aí traballando en todo o que necesiten.

Fil: Que é o que máis desgastado che ten?



MR: Non é tanto desgaste, porque quizais o ano pasado xa quixen marchar polos malos resultados. Este ano foi pensando máis no club, penso que os xogadores me teñen moi visto e necesitan un cambio: máis mano dura, alguén diferente… despois de tanto tempo é difícil diferenciar entre adestrador e xogadores, acabamos sendo como amigos…

Fil: A túa labor de director deportivo vai ser imposible de igualar.

MR: Si, e iso vano seguir tendo. Aparte son o secretario do club.

Fil: Recuperaches para a causa a xogadores como Cora, que agora compite na Terceira RFEF co Viveiro.

Cora asinou polo Celeiro no verán.
Cora, agora no Viveiro, xogou en 1ª División de Futsal.

MR: Si, se aínda estivese con nós estaríamos moito máis arriba. É un xogador que optou polo fútbol sala cando era cadete, pero sempre foi un bo xogador de fútbol, o típico extremo que non hai: a perna cambiada vai cara dentro, pega a portería e o 90% son gol. Con nós xogou 5 partidos e marcou 7 goles. Este ano perdimos a xogadores como Cora e Mora que nos aportaban moito gol e cuxa falta notamos moito.



Fil: Non é o único caso dun futbolista que se reengancha no Celeiro.

MR: Si, por aquí pasaron grandes xogadores e persoas. Tratamos de facer o mellor para o club e para eles, aínda que este ano non podemos facer moito. O Xove, por exemplo, veu buscar catro xogadores nosos para marchar coa temporada xa comezada… a nosa columna vertebral, que decidiu non ir. O que funciona nestas categorías, na miña opinión, é a sinceridade: non engañar a ninguén e contar o que hai en cada sitio. Neste caso, somos o Celeiro e estamos en Terceira Galicia, pero temos a ilusión de mellorar ano a ano, algo que fomos conseguindo.

Fil: O Celeiro aínda mantén intactas as opcións de promocionar.

MR: Si, agora que Borja colleu os mandos o equipo aínda se ten que amoldar, aínda que ten ideas semellantes ás miñas. Pero tocou medirse a Barreiros, Casás… pero o equipo competiu moi ben todos os partidos e penso que agora é cando temos que dar un paso adiante. Gañando os da casa e puntuando algo fóra entraremos na fase, porque ademais hai moitos duelos directos e temos que matarnos entre nós. En 6 puntos hai 9 equipos para 3 prazas: Castroverde, Matela, Friol, Comercial, nós… Confío no equipo plenamente e sei que na promoción imos entrar, porque Trasvías é moito Trasvías.

Fil: Cambiaría a túa decisión se o conxunto acadase o ascenso?

MR: Non, agora xa non. Hai que buscar outros retos como adestrador, aínda que me manteña na directiva do Celeiro. Acabou esa etapa.

«É MAIS FÁCIL ADESTRAR A UN VIVEIRO QUE A UN CELEIRO«

Fil: Hai xa mozas na Mariña para Martín Rodríguez?

MR: Non. A ver se teño sorte e atopo algún equipo. Gustariame probar no fútbol base, que nunca tiven a sorte de adestrar a rapaces. A xuventude apunta ben. Eu sempre digo que é máis «doado» adestrar a un Viveiro que a un Celeiro, porque os futbolistas están en contextos diferentes: cobran e teñen que ir adestrar, e na Terceira Galicia é máis difícil.

Martín Rodríguez, Celeiro: «Nestas categorías, o que funciona é a sinceridade»

O Ribadeo golea no debut de Pichi

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *