Samu Quintela: «Non quero xogar pero ao fútbol hei volver»
Diego Díaz Martínez / 1 año
05/01/2024
0
4min de lectura
Este Nadal coñecemos a curiosa marcha dun dos últimos talentos da provincia. Samu Ainvar Quintela Abuín(20-10-1998, Lugo)deixaba o Viveiro ao remate do 2023 contra todo prognóstico. O novo centrocampista lucense (ex do Lemos e Castro, entre outros) poñía fin á súa primeira experiencia na Terceira galega a pesares da boa cantidade de minutos da que estaba a dispoñer.
FUTBOLINLUGO: Boas Samu! Quedámonos un pouco sorprendidos coa túa marcha de Viveiro. A primeira oportunidade na Terceira, tendo moitos minutos e decides marchar… Que pasou?
SAMU:«Estaba moi contento con Alberto López, cos compañeiros e con todo o club. Pero estou preparando unhas oposicións. Puxen todo nunha balanza e quitábame moito tempo de estudo. Estaba encantado pero tiña que decidir e non me daba tempo a todo».
FIL: Cóntanos como foron estes meses en Cantarrana. Cambia tanto a Terceira RFEF con respecto á Preferente?
SAM: «A nivel de técnica cambia moito. Ves xogadores que non hai noutras categorías. Pero tamén muda o físico, sobre todo. Ves a moita xente que se prepara no día a día, adestra todos os días e non hai naide mal fisicamente. Tamén hai un cambio importante na preparación de partidos, cada semana é distinta e ves partidos dos rivais para analizalos».
En Viveiro hai moi bos xogadores pero non chega con iso só»
FIL: Agora que estiveches dentro… Cal consideras que é o motivo polo que cambia tanto o cadro de xogadores nas últimas tempadas?
SAM:«Viveiro é un sitio no que unha vez estás alí é moi cómodo. Estaba contento como che dixen. Pero non é un sitio que quede doado para viaxar. Saíndo da propia costa é moi complicado para xogar alí. En Viveiro hai moi bos xogadores pero non chega para facer un equipo que salve a categoría en Terceira con iso só. Entón toca que cada ano veñan xogadores novos de fóra».
FIL: E crees que o Viveiro actual ten equipo para seguir un ano máis na Terceira RFEF?
SAM:«Hai un grupo xove e moi unido, cun nivel que estou seguro que vai salvar a categoría. Ti ves os resultados, e salvo algún partido solto, sempre perdiamos pola mínima ou nos empataban nos últimos segundos. Eramos xoves como che dicía, tiñamos que conocernos e esa era a peaxe a pagar».
Estou seguro de que o Viveiro vai salvar a categoría e non creo que haxa problemas en que todo quede listo a finais de tempada»
Samu disputa un balón cun rival en Cantarrana. VIVEIRO CF
FIL: Hai unhas semanas saía á luz a delicada situación do club e o adiantamento das cotas da tempada que vén para que o Viveiro puidese seguir competindo con garantías. Esta circunstancia afectábavos no día a día?
SAM:«A min non me afectaba nin me afecta persoalmente. Luis del Río é unha persoa moi cercana e foi de cara desde un primeiro momento. Eu entendo que hai rapaces de Madrid ou Palencia aos que lle poida afectar. Pero no día a día non influía no noso traballo. Somos xogadores novos que queremos competir ao máximo e moitos deles subir de categoría. De todas formas, non creo que haxa problemas para que todo quede listo a finais de tempada».
Algunha oferta teño pero quero desconectar, estou saturado»
FIL: E agora que? Veremos a Samu noutro equipo distinto esta tempada?
SAM: «Algunha oferta teño xa, chamaron varios equipos pero dígoche o que lle dixen a todos: quero desconectar e necesito descansar mentalmente. Estaba bastante saturado. Toca desfrutar do Breogán dos meus primos (Erik e Sergi Quintela), sacarse as oposicións e nun futuro xa deciderei. De momento non quero xogar, como algún se pensa en Viveiro, pero ao fútbol hei volver!«
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.