#Fútbol afeccionado #Feminino

Covi Regueiro, multada e inhabilitada por un ano

A sanción fíxose esperar pero foi exemplar. Na tarde deste xoves, a Real Federación Española de Fútbol comunicou a inhabilitación por un ano da adestradora do PM Friol Covi Regueiro. Así como unha multa de 602 euros á citada técnica e de 301 euros ao seu club por «permitir e amparar a actitude da súa adestradora».

O club intentou á desesperada impedir unha sanción sobre a que estaba máis que avisado. O presidente da entidade Geluco Villar alegou que os distintos comportamentos de Covi Regueiro no derbi ante o CD Lugo eran parte das funcións desta última. Baseouse en que o feito por Covi na Cheda estaría permitido ao ser esta a «coordinadora e responsable de prensa do club» e estar realizando ditas funcións.

Esta vaga xustificación vén acompañada dunha nova pataleta, para botar de novo balóns fóra contra terceiros e desviar a atención do importante. O presidente manifesta que «non entende como non se reflicte na acta que ambos equipos non poidan realizar exercicios de quecemento dentro do terreo de xogo, que non se axuste fielmente a hora de inicio do partido e non se reflicta a prensenza de outras persoas que non figuran na acta e accederon ao terreo de xogo», sinala a comunicación da RFEF.

Como xa dixemos, os argumentos do PM Friol quedaron en balde. Multa para club e adestradora acompañada de un ano de inhabilitación para Covi Regueiro. Aos que habería que engadir posteriormente os 42 partidos de sanción anteriores que xa arrastraba.



E, por se aínda lles quedan folgos e gañas de seguir adiante con esta guerra perdida, a RFEF avisa aínda máis claro que a última vez: a persistencia na realización das funcións de adestradora por parte de Covi Regueiro «poderá derivar en consecuencias indesexables tanto para ela como para o Club que o consinte, ampara e xustifica».



Covi Regueiro, multada e inhabilitada por un ano

O CD Lugo rompe a mala xeira

Covi Regueiro, multada e inhabilitada por un ano

Ospina e Cayuela, golazos ao servizo do

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *