#Fútbol afeccionado

Diario dun mercado. Episodio 360

Comezamos este Diario con novidades no Racing Vilalbés. O cadro chairego poderá contar con Pablo Rey tamén para o proxecto de Segunda Federación. O xogador de Ferrolterra renova e vivirá a segunda tempada no equipo. O corpo técnico encabezado por Simón Lamas ten a 18 xogadores do primeiro equipo ao seu dispor. O mércores da semana que vén iniciará os adestramentos. 

Na Preferente o Ribadeo recorre a veteranía para reforzar a portería. Tres anos despois regresa o gardamallas Hugo López, que afronta unha nova etapa no Pepe Barrera. Ademais o centrocampista ribadense Santi e o dianteiro focego Criss renovan e cumprirán a undécima temporada consecutiva vestindo a elástica celeste.

Na Primeira, o Meira informou da súa primeira fichaxe. Trátase do xoven defensa Mateo Gorgoso. Vén de xogar dúas tempadas no filial do Castro e antes estivo no Páramo.  Ademáis farán a pretemporada co primeiro equipo catro futbolistas que remataron a súa etapa xuvenil no club. Son Álvaro Vega, Sergio Otero, Diego Sangiao e Iago López. O Portomarín renova aos pesos pesados Hugo e Javicho, na volta do equipo a Primeira Galicia.

O Chantada Atlético anunciou a Edu Rodríguez como adestrador para a vindeira temporada. O monfortino vén de adestrar na última campaña á Sarriana e ao Barco, este último en Terceira RFEF. Novidades tamén no Pol. Renovan dous xogadores importantes, como Xoel e Gerardo, e chegan ao Municipal outros dous futbolistas de gran nivel. Alvarito, procedente do Lemos e con ampla experiencia tamén na Sarriana ou Residencia, e o xove Hamza, que procede da Sarriana, onde xa disputou minutos de calidade.



O Burela suma a Jesús Pita ao seu corpo técnico. Será o preparador físico dun equipo dirixido novamente por Luchi e que terá a Donato como axudante. 

O Sporting Lucense ten novo adestrador. Merino chega á capital desde Santa Comba e tras non frutificar o compromiso cun Castro B que finalmente non sae a competir. Lolo, o ata agora adestrador dos das Gándaras, será o seu segundo

O Pastoricense prepara un novo proxecto logo do seu descenso á Segunda Rexional. Anunciou a incorporación de cinco futbolistas procedente do CD Castro B (que non vai saír en competición). Ficha a Borja Corbelle, Iván Corbelle, Diego López, Iago Fernández e Adrián Fernández .



O Racing Vilalbés B anunciou as renovacións do lateral Felpeto e de Carlos Fole. Ámbolos dous xogadores volveron ao club para axudar nos inicios do filial. 

O Brollón segue anunciando xuventude da vila para a próxima temporada. Ficha a un defensa de Fornelas, David Rodríguez que procede do Calasancio logo de ter tamén minutos co Club Lemos

Na Terceira Rexional, o Celta Barreiros segue pescando na canteira da SD Ribadeo para conformar o novo proxecto. Ficha ao central Brais Nonide e o mediocentro/extremo Nico. O gardameta Iago Rivas ‘Pitero‘ non continuará no club. O Celeiro renovou a Abraham, que continua un ano máis en Trasvías.

No Páramo enovan a Antón Domínguez. O dianteiro foi o máximo goleador dun equipo que pelexou polo ascenso de categoría o curso pasado.

ResponderReenviar

Diario dun mercado. Episodio 360

Diario dun mercado. Episodio 359

Diario dun mercado. Episodio 360

Diario dun mercado. Episodio 361

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *