#Fútbol afeccionado #Feminino

O CD Lugo repite título de Copa ante o Antas

O último partido do curso non defraudou. Aínda que tivo aos mesmos contrincantes e ao mesmo gañador que no 2022. O CD Lugo reeditou o título de Copa Deputación despois de superar ao Antas por 5-0 no Sangoñedo (Chantada). Iso si, a final foi moi distinta e menos emocionante que a da pasada edición.

Unha calor abafante presidía unha tarde de puro fútbol na Vila do Asma. A ambos equipos lles custou entrar en materia por mor das altas temperaturas. As imprecisións e o xogo pouco fluído marcaron o inicio do encontro. Co paso do tempo, o CD Lugo adaptouse mellor ao escenario. E nuns últimos vinte minutos espectaculares, puxo o 0-3 ao tempo de lecer. E con ese resultado, medio título de Copa no peto.

Na reanudación, o Antas deu un paso adiante. Dani Abelairas sacou a Nuria da portería para metela na mediapunta. E as do Castro Seoane xeraron maior sensación de perigo. De tódolos xeitos, o cadro de Joaquín Blanco matou a final co cuarto gol, obra de Laura Correas.

As albivermellas non querían sorpresas e non perderon a concentración ante un gran e digno rival. O Antas non se rendeu en momento algún, batallando cos seus argumentos ata o asubío final. María foi a xogadora máis destacada da final, ao asinar un hat trick.



O CD Lugo repite título de Copa ante o Antas

Diario dun mercado. Episodio 349

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *